2011/6/29 Frco. Javier Rial <[email protected]>: > Tamén entendo a postura totalmente, e sabemos que o ámbito empresarial no > que se moven é distinto ao ámbito "normal".. o que non quita que siga sendo > triste que ningún xornal nin a nivel estatal poida vivir sen subvencións.. > non o sabía/non coñezo as cifras pero fíome do que me dis
Pode falarse de ámbito empresarial cando non hai mercado ou cando o que é non abonda para dar beneficios? Se a resposta é non, entón poderíamos concluir que o 4º poder non é máis que un apéndice do márquetin de outren: o poder político partidista ou o poder político mercantil (segundo o periódico (*) ). O grupo Prisa está á beira dun cantil moi perigoso.... pero non caerá porque hai un interese de partido por detrais ao que lle interesa que se diga que non o fan mal. Recoletos (agora Unidad Editorial) tampouco está en moi bons momentos etc. etc. E o mellor do asunto: que como para entrar no mercado tradicional é preciso un capital do copón teñen praticamente garantido que non vai haber outra fonte de información para as masas !!!!!!!!!!!!! ....... que empregue a mesma tecnoloxía. (*) as novas e demais fear uncentainty doubt acerca do futuro do EUR proceden maiormente de medios da mancomunidade anglosaxona que depende da prevalencia do USD e da GBP para seguir de reis do mambo. En decembro ± 3 meses veremos como vai a cousa... como será o mundo con 15 (000) 000 000 000 de USD menos (tres ceros arriba ou abaixo). > Isto é o máis triste sen lugar a dúbidas.. que as subvencións sexan das > cantidades que son para xornais onde a presencia é anecdótica.. Triste? si, para quen lle importe lingua... > Igualmente, estaría ben que na carta de despedida que publican (ou máis > adiante, na edición dixital), tentaran debullar un pouco máis polo miudo as > cifras do sector.. entón a opinión de moitas cambiaría, como a miña o acaba > de facer > Máis off-topic dentro do OT: outra cousa é o modelo de negocio do xornalismo > actual: "tirada impresa" vs "futuro on-line".. están preparados os xornais > para o salto ao mercado dixital.. Non. algún rotativo de ny (non lembro se o ft ou o nyt) estivo a facer probas con varias modalidades de subscripción pero ná... hai unha cousa que teño máis que clara: nisto de soltar a pela por internet quen leva varios ironman de vantaxe son as empresas que se adican concomitantemente á produción e distribucion de ... pornografía. Estes mudan o sistema de distribución segundo lles conveña. Deica. _______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

