Tamén entendo a postura totalmente, e sabemos que o ámbito empresarial no
que se moven é distinto ao ámbito "normal".. o que non quita que siga sendo
triste que ningún xornal nin a nivel estatal poida vivir sen subvencións..
non o sabía/non coñezo as cifras pero fíome do que me dis

as subvencións que xa existen en materia de promoción de lingua se dedican a
> xornais nos que apenas atopas un par de columnas en galego
>

Isto é o máis triste sen lugar a dúbidas.. que as subvencións sexan das
cantidades que son para xornais onde a presencia é anecdótica..

Resumindo pola miña parte, o ámbito no que se moven é máis complexo do que
eu presupoñía, descoñecía as dificultades do sector periodístico en xeral..
estiven lendo a carta de despedida do director e cos comentarios deste fío,
creo que me quedou máis ou menos claro.

Igualmente, estaría ben que na carta de despedida que publican (ou máis
adiante, na edición dixital), tentaran debullar un pouco máis polo miudo as
cifras do sector.. entón a opinión de moitas cambiaría, como a miña o acaba
de facer

Máis off-topic dentro do OT: outra cousa é o modelo de negocio do xornalismo
actual: "tirada impresa" vs "futuro on-line".. están preparados os xornais
para o salto ao mercado dixital..

Eu non merco ningún xornal, ao igual que hai tempo comecei a mercar máis
libros en dixital que en papel.. a miña vida é "dixital".. quen será o
primeiro en dar o salto.
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a