permitome engadir que a defunción deste xornal dáselle importancia por
estar escrito galego, non por ser de calidade ou carecer dela. Quizáis
crear un medio de comunicación co plan de negocio de que funcionará
(será viable) debido unicamente a estar escrito en galego é pecar de
optimista. A xente non ve o "telexornal mediodía" masivamente por ser
en galego ou estar na tvg, ve ese programa porque conta historias que
lle interesan e non acceden a elas en outro lugar. Non se preocupan de
que o presentador fale galego, simplemente "entenden" o que dí e
contalles historias interesantes.

 Esto ven ao caso no senso de que si un colle un xornal dos que si son
rentables ve que TODO está escrito en castelán e punto, pero gran
parte da poboación obxetivo podería ler exactamente o mesmo en galego,
entendelo igoal, e non preguntarse en qué idioma o está ler,
simplemente accedería a unha información escrita nun dos seus idiomas.
Poderían facer entón as empresas editoras algo máis a prol do idioma
que nos é propio? Debería Feijooooó dar unha chupención :P desas para
que os xornáis tivesen a lo menos 20 páxinas en galego? Serían cartos
ben gastados?

Pedirlle a unha persoa que leva toda a vida lendo un xornal que cambie
a outro (ainda que sexa da mesma empresa, coa mesma liña editorial)
simplemente por estar en galego cando non supón ningún problema lelo
en castelán é pedirlle un esforzo que non lle compensa. Igoalmente non
sería ningún problema atopar o seu xornal de toda a vida está en
galego.

Probablemente eu tamén peco de optimista en canto á aceptación do
galego por parte da poboación, pero non vou matizar máis a miña
posición. Deixoo para un ensaio :P

On 28/06/2011, Xabier Villar <xabier.vil...@gmail.com> wrote:
> El 28 de junio de 2011 11:05, mvillarino <mvillar...@gmail.com> escribió:
>
>> > A xente non segue os medios galegos, ningún deles, porque non
>> > lle resultan útiles e esa é unha responsabilidade total dos editores. Os
>> > xornalistas deben reinventar a súa profesión se queren ter algunha.
>>
>> Eu, que me considero galeguista, cando pasades unha ligazón a novas,
>> colunas de opinión e demais normalmente nin sabía que existisen:
>> aprendín da existencia de vieiros pois uns meses antes da fin, galicia
>> hoxe nin se me fai coñecida dos quiosques, .... tios, eu que me
>> considero galeguista pero que non teño intereses na política teño por
>> primeiras fontes de información non xornais, senón "colunas de opinión
>> informada", as rutinarias son /., o geab, albertonoguera, marcvidal,
>> algunhas colunas de cotizalia e expansión e pouco máis: persoalmente
>> as chuminadas que poida dicir a xente da U traema ao pairo, e o que
>> diga un rotativo que mudou a maquinaria hai pouco endebedándose até as
>> orellas e que ten que pagar os favores das subvencións que lle derón
>> pois esvárame pola mesma de antes, pouco máis paga a pena que o que
>> escriba Albino Prada (*). E non vou falar de máis xornais porque xa
>> con eses dous téñoa lubricada de abondo para un tempo.
>>
>> Crítica aos medios tradicionais (aplicábel en parte ás ONG):
>>  - Entereime de que existían pola esquela, (aplicábel a vierios, gz hoxe
>> etc.)
>>  - Información forense,
>>  - Inexistencia de boletíns de anticipación,
>>  - Opinión orientada a pagar favores,
>>  - Puteo do corazonciño de clientes potenciais.
>>
>> > Estamos a final do ciclo e estamos inermes. Hai un inmensa cantidade de
>> > xente expulsada da "sociedade". Teñen que aparecer cousas novas,
>> > necesariamente porque os malos non somos nós.
>>
>> Lévase xa un ou dous anos falando de que a sociedade futura a 20-30
>> anos a consecuencia diso ao que se lle chama "a crise" estará formada
>> por "insiders" e "outsiders", estes o que fican fora do que chamas a
>> sociedade. Poden ser facilmente perto da metade da poboación (límite
>> superior), e ser bons ou maus non vai ter nada que ver. Dicía Musashi
>> que ganara unha parte dos seus duelos non por ser mellor estratega,
>> nin máis forte, senon por ter tido sorte.
>>
>> (*) E iso só o teño en conta porque teño algún libro coordinado por el
>> no 2008 onde falaba de aglutinación de concellos, eficacia do
>> investimento público mediante chupencións etc.
>> _______________________________________________
>> Proxecto mailing list
>> Proxecto@trasno.net
>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>
>
> Seguramente tes razón en todo o que dis, pero o caso é que a maioría da
> xente en Galicia aínda consume información dos medios tradicionais, e non é
> probábel que cambie a curto prazo. E, independentemente da orientación
> política que teña o medio en cuestión, ou da súa labor de pago de favores
> (gustoume o de chupencións XD), non deixa de ser un instrumento de
> normalización do uso da lingua. Non só é unha mágoa, senón un mal síntoma da
> falta de protección da lingua o que vaian desaparecendo.
>
> --
>
> Xabier Villar
>


-- 
*Xose M*
----------------
Non imprimas este correo electrónico se non é preciso.
----------------
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a