IMHO eu creo que o gran problema que parece estar detrás desta morte (non sei se doutras tamén), é que un non pode crear unha empresa (sexamos conscientes de que un xornal é unha empresa) e pretender manterse a flote a base de chupencións (dios, que palabro inventaches XD) .. si ese é o teu modelo de negocio mal vas.. porque as chupencións como ben sabemos, danse a quen máis chora, e ás veces o choro non o escoitan todos por igual..
Vamos.. que eu tamén quero montar unha empresa, que estou farto de traballar de ver como as empresas de grandes nomes non saben facer o seu traballo.. agora ben, non vou montala esperando vivir de chupencións, ou desta axuda, ou desta outra.. tentarei montala tendo clientes, facendo un bo traballo e manténdoos satisfeitos. 2011/6/29 Xose M <[email protected]> > permitome engadir que a defunción deste xornal dáselle importancia por > estar escrito galego, non por ser de calidade ou carecer dela. Quizáis > crear un medio de comunicación co plan de negocio de que funcionará > (será viable) debido unicamente a estar escrito en galego é pecar de > optimista. A xente non ve o "telexornal mediodía" masivamente por ser > en galego ou estar na tvg, ve ese programa porque conta historias que > lle interesan e non acceden a elas en outro lugar. Non se preocupan de > que o presentador fale galego, simplemente "entenden" o que dí e > contalles historias interesantes. > > Esto ven ao caso no senso de que si un colle un xornal dos que si son > rentables ve que TODO está escrito en castelán e punto, pero gran > parte da poboación obxetivo podería ler exactamente o mesmo en galego, > entendelo igoal, e non preguntarse en qué idioma o está ler, > simplemente accedería a unha información escrita nun dos seus idiomas. > Poderían facer entón as empresas editoras algo máis a prol do idioma > que nos é propio? Debería Feijooooó dar unha chupención :P desas para > que os xornáis tivesen a lo menos 20 páxinas en galego? Serían cartos > ben gastados? > > Pedirlle a unha persoa que leva toda a vida lendo un xornal que cambie > a outro (ainda que sexa da mesma empresa, coa mesma liña editorial) > simplemente por estar en galego cando non supón ningún problema lelo > en castelán é pedirlle un esforzo que non lle compensa. Igoalmente non > sería ningún problema atopar o seu xornal de toda a vida está en > galego. > > Probablemente eu tamén peco de optimista en canto á aceptación do > galego por parte da poboación, pero non vou matizar máis a miña > posición. Deixoo para un ensaio :P > > On 28/06/2011, Xabier Villar <[email protected]> wrote: > > El 28 de junio de 2011 11:05, mvillarino <[email protected]> > escribió: > > > >> > A xente non segue os medios galegos, ningún deles, porque non > >> > lle resultan útiles e esa é unha responsabilidade total dos editores. > Os > >> > xornalistas deben reinventar a súa profesión se queren ter algunha. > >> > >> Eu, que me considero galeguista, cando pasades unha ligazón a novas, > >> colunas de opinión e demais normalmente nin sabía que existisen: > >> aprendín da existencia de vieiros pois uns meses antes da fin, galicia > >> hoxe nin se me fai coñecida dos quiosques, .... tios, eu que me > >> considero galeguista pero que non teño intereses na política teño por > >> primeiras fontes de información non xornais, senón "colunas de opinión > >> informada", as rutinarias son /., o geab, albertonoguera, marcvidal, > >> algunhas colunas de cotizalia e expansión e pouco máis: persoalmente > >> as chuminadas que poida dicir a xente da U traema ao pairo, e o que > >> diga un rotativo que mudou a maquinaria hai pouco endebedándose até as > >> orellas e que ten que pagar os favores das subvencións que lle derón > >> pois esvárame pola mesma de antes, pouco máis paga a pena que o que > >> escriba Albino Prada (*). E non vou falar de máis xornais porque xa > >> con eses dous téñoa lubricada de abondo para un tempo. > >> > >> Crítica aos medios tradicionais (aplicábel en parte ás ONG): > >> - Entereime de que existían pola esquela, (aplicábel a vierios, gz hoxe > >> etc.) > >> - Información forense, > >> - Inexistencia de boletíns de anticipación, > >> - Opinión orientada a pagar favores, > >> - Puteo do corazonciño de clientes potenciais. > >> > >> > Estamos a final do ciclo e estamos inermes. Hai un inmensa cantidade > de > >> > xente expulsada da "sociedade". Teñen que aparecer cousas novas, > >> > necesariamente porque os malos non somos nós. > >> > >> Lévase xa un ou dous anos falando de que a sociedade futura a 20-30 > >> anos a consecuencia diso ao que se lle chama "a crise" estará formada > >> por "insiders" e "outsiders", estes o que fican fora do que chamas a > >> sociedade. Poden ser facilmente perto da metade da poboación (límite > >> superior), e ser bons ou maus non vai ter nada que ver. Dicía Musashi > >> que ganara unha parte dos seus duelos non por ser mellor estratega, > >> nin máis forte, senon por ter tido sorte. > >> > >> (*) E iso só o teño en conta porque teño algún libro coordinado por el > >> no 2008 onde falaba de aglutinación de concellos, eficacia do > >> investimento público mediante chupencións etc. > >> _______________________________________________ > >> Proxecto mailing list > >> [email protected] > >> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto > >> > > > > Seguramente tes razón en todo o que dis, pero o caso é que a maioría da > > xente en Galicia aínda consume información dos medios tradicionais, e non > é > > probábel que cambie a curto prazo. E, independentemente da orientación > > política que teña o medio en cuestión, ou da súa labor de pago de favores > > (gustoume o de chupencións XD), non deixa de ser un instrumento de > > normalización do uso da lingua. Non só é unha mágoa, senón un mal síntoma > da > > falta de protección da lingua o que vaian desaparecendo. > > > > -- > > > > Xabier Villar > > > > > -- > *Xose M* > ---------------- > Non imprimas este correo electrónico se non é preciso. > ---------------- > _______________________________________________ > Proxecto mailing list > [email protected] > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto > -- -- Tu web totalmente gratis: http://www.000webhost.com/<http://www.000webhost.com/352819.html>
_______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

