2013/5/2 Luz <luz.an...@gmail.com>:
> Bo día!
> Levo xa algún tempo subscrita á lista de correo, mais por unha cousa ou por
> outra aínda non me decidira a presentarme. Chámome Luz, son filóloga e
> gustaríame colaborar nalgún(s) dos proxectos de tradución.
> Teño algo de experiencia na tradución do inglés ao galego (aínda que non
> moita), e traducín tamén algunha páxina web desde o español. Non teño
> preferencia por ningún proxecto en especial, non sei se me poderiades
> orientar un pouco sobre por onde empezar... (un proxecto que consideredes
> máis axeitado para comezar, algún que teña poucas persoas voluntarias ou que
> teña especial présa etc.).
> Unha das cousas que máis me botou para atrás á hora de me decidir foi que
> non dispoño de moito tempo, mais cheguei á conclusión de que se esperaba por
> ter tempo non empezaría nunca, así que intentarei facer o que poida :)
> Un saúdo!
>
> --
> Luz


Ola Luz,
Douche unha calorosa benvida.

Eu tamén son un filólogo un pouco estrañado de non atopar máis colegas
colaborando por aquí.

Ninguén dispón de moito tempo, todos andamos aproveitando momentos,
tempadas e así.

Propóñoche que te inicies en Ubuntu por varias razóns.

- De aquí a 1 ano sairá a nova versión LTS (que dura 5 anos en
servizo). Podes traballar con calma e o traballo aproveitarase durante
moito tempo.
- Traduces moi comodamente nunha plataforma en liña, sen ter que
preocuparte de ferramentas CAT (tamén sen as súas vantaxes) e que
permite consultar como traduciron cada cadea noutros idiomas, que
sempre axuda.
- Temos aí un grupo, o Ubuntu Galician Translators que está moi
decaído pero que sostén un nivel moi alto de cobertura (98%) polo que
se pode levar aos poucos, e cun pouco de cariño sairá ben.
- Permite ser titorizado (xa que hai dous roles: tradutor e revisor,
para a túa tranquilidade.
- As tarefas "administrativas" do proxecto son case nulas, só traducir
e afinar estilo.
- É o sabor de Linux máis popular e accesible, e utilízase e
utilizarase nas tres universidades galegas para as aulas
informatizadas.
- É un proxecto que ten unha vertente de dinamización, divulgación moi
importante: vídeos, cartelaría, quedadas, etc. polo que a medida que
vas participando, podes ir combinando outro tipo de galeguizacións non
só da interface do software.

O único que necesita realmente é constancia.

Se che parece ben podo iniciarte.

Antón Méixome




> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a