Bo día!
Levo xa algún tempo subscrita á lista de correo, mais por unha cousa ou por
outra aínda non me decidira a presentarme. Chámome Luz, son filóloga e
gustaríame colaborar nalgún(s) dos proxectos de tradución.
Teño algo de experiencia na tradución do inglés ao galego (aínda que non
moita), e traducín tamén algunha páxina web desde o español. Non teño
preferencia por ningún proxecto en especial, non sei se me poderiades
orientar un pouco sobre por onde empezar... (un proxecto que consideredes
máis axeitado para comezar, algún que teña poucas persoas voluntarias ou
que teña especial présa etc.).
Unha das cousas que máis me botou para atrás á hora de me decidir foi que
non dispoño de moito tempo, mais cheguei á conclusión de que se esperaba
por ter tempo non empezaría nunca, así que intentarei facer o que poida :)
Un saúdo!

-- 
Luz
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a