2013/5/2 Luz <luz.an...@gmail.com>:
> Ola, Antón,
> Moitas grazas pola benvida. A verdade é que eu xa tiña a sospeita de que
> moitos/as filólogos/as por aquí non habería, aínda que esperaba que algún si
> :)
> Creo que me das razóns máis que suficientes para que Ubuntu sexa un bo
> proxecto polo que comezar, especialmente porque teño bastante medo a meter a
> zoca ao principio, e tranquilízame un pouco que non haxa moitas tarefas
> administrativas e que poida ser un proceso titorizado. Ademais, se o grupo
> está decaído e aínda así mantén unha cobertura tan alta, espero poder
> contribuír a alixeirar un pouquiño a carga de traballo do resto de membros,
> que non debe ser pouca.
> Así que, pola miña parte, encantada de me iniciar en Ubuntu.

Ola Luz, e benvida.

Nunca nos sobrou xente, e agora non é diferente, así que a túa axuda é
moi apreciada. E aínda máis agora que algúns de nós dispoñemos de
menos tempo para traducir.

Respecto do que comentas «de meter a zoca», non te preocupes. De feito
o raro sería que non a meteras. Podo asegurarche que despois de levar
case 10 anos traducindo eu aínda meto a zoca de cando en vez, pero no
Proxecto Trasno hai máis xente e a veces indícannos os erros.

Ademais podo comentarche que comezar a traducir pode esixir un pouco
de traballo, e como di Antón, unha vez iniciado o labor o principal é
a constancia. En todo caso se consegues superar ese período inicial, e
no cal intentaremos axudarche, o labor de tradución vólvese máis
sinxelo.

Tamén dispoñemos de algunha ferramenta que nos permite realizar
revisións automáticas das traducións para detectar algúns erros
comúns, pero poñemos especial énfase en intentar facer as traducións o
mellor posible, porque aínda que se dependa de ferramentas desta caste
despois hai que corrixir os erros, o que implica perder o dobre de
tempo.

Respecto da ferramenta web, normalmente os que levamos un tempo
traducindo non as empregamos xa que nos é máis cómodo empregar outro
tipo de ferramentas que nos permiten máis liberdade. Pero para unha
persoa que está comezando axéitanse ben. Se dentro dun tempo aínda
continuas por aquí, e o volume da túa contribución non é pequeno,
igual queres cambiar a algunha destas ferramentas CAT. Pero non
poñamos o carro diante dos bois :)

De novo benvida ao Proxecto Trasno.

Agardo que alguén que dispoña de máis tempo ca min agora mesmo che
indique como comezar. Se che xurde algunha dúbida, por parva que
poidas pensar que é, pregunta. É preferible resolver as dúbidas pronto
e que non te frustres nada máis comezar.

Deica

> 2013/5/2 Antón Méixome <cert...@certima.net>
>>
>> 2013/5/2 Luz <luz.an...@gmail.com>:
>> > Bo día!
>> > Levo xa algún tempo subscrita á lista de correo, mais por unha cousa ou
>> > por
>> > outra aínda non me decidira a presentarme. Chámome Luz, son filóloga e
>> > gustaríame colaborar nalgún(s) dos proxectos de tradución.
>> > Teño algo de experiencia na tradución do inglés ao galego (aínda que non
>> > moita), e traducín tamén algunha páxina web desde o español. Non teño
>> > preferencia por ningún proxecto en especial, non sei se me poderiades
>> > orientar un pouco sobre por onde empezar... (un proxecto que
>> > consideredes
>> > máis axeitado para comezar, algún que teña poucas persoas voluntarias ou
>> > que
>> > teña especial présa etc.).
>> > Unha das cousas que máis me botou para atrás á hora de me decidir foi
>> > que
>> > non dispoño de moito tempo, mais cheguei á conclusión de que se esperaba
>> > por
>> > ter tempo non empezaría nunca, así que intentarei facer o que poida :)
>> > Un saúdo!
>> >
>> > --
>> > Luz
>>
>>
>> Ola Luz,
>> Douche unha calorosa benvida.
>>
>> Eu tamén son un filólogo un pouco estrañado de non atopar máis colegas
>> colaborando por aquí.
>>
>> Ninguén dispón de moito tempo, todos andamos aproveitando momentos,
>> tempadas e así.
>>
>> Propóñoche que te inicies en Ubuntu por varias razóns.
>>
>> - De aquí a 1 ano sairá a nova versión LTS (que dura 5 anos en
>> servizo). Podes traballar con calma e o traballo aproveitarase durante
>> moito tempo.
>> - Traduces moi comodamente nunha plataforma en liña, sen ter que
>> preocuparte de ferramentas CAT (tamén sen as súas vantaxes) e que
>> permite consultar como traduciron cada cadea noutros idiomas, que
>> sempre axuda.
>> - Temos aí un grupo, o Ubuntu Galician Translators que está moi
>> decaído pero que sostén un nivel moi alto de cobertura (98%) polo que
>> se pode levar aos poucos, e cun pouco de cariño sairá ben.
>> - Permite ser titorizado (xa que hai dous roles: tradutor e revisor,
>> para a túa tranquilidade.
>> - As tarefas "administrativas" do proxecto son case nulas, só traducir
>> e afinar estilo.
>> - É o sabor de Linux máis popular e accesible, e utilízase e
>> utilizarase nas tres universidades galegas para as aulas
>> informatizadas.
>> - É un proxecto que ten unha vertente de dinamización, divulgación moi
>> importante: vídeos, cartelaría, quedadas, etc. polo que a medida que
>> vas participando, podes ir combinando outro tipo de galeguizacións non
>> só da interface do software.
>>
>> O único que necesita realmente é constancia.
>>
>> Se che parece ben podo iniciarte.
>>
>> Antón Méixome
>>
>>
>>
>>
>> > _______________________________________________
>> > Proxecto mailing list
>> > Proxecto@trasno.net
>> > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>> >
>> _______________________________________________
>> Proxecto mailing list
>> Proxecto@trasno.net
>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
>
>
>
> --
> Luz
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a