En Wed, 07 Mar 2012 20:45:49 +0100, Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com> escribió:

Olá,

Xesús: teño un usuario !!!!!


As regras están, algunhas, un pouco coma o carallo debido ao anterior: como non hai resposta (máis aló de Fran a cada e cando) pois faigo o que me vai parecendo. Se a iso sumamos que non hai, que eu saiba, un documento "oficial" non modificábel que resuma os acordos _sólidos_ acadados, pois resulta en que as regras sexan en moita medida inexactas.

Porén, á medida que fun aprendendo a usar o equip-header a cousa mellorou.

Recomendo(che/vos) que equipedes as vosas cabeceiras, supoño que co campo de ambiente "gnome" ou algo así.

Agora vou comentando:


----------------------------------------
/home/leo/Escritorio/bash-4.2.gl.po:2645(#486)
#: builtins.c:525
msgid "Define local variables.\n"
msgstr "Define variábeis locais.\n"
[note] rule [id=PT-2011-gl_bel] ==> terminación en -bel

Falla no plural. Creo que isto é moi importante arranxalo porque se da
moitas veces

Anótoma. Verei de modificala.

Mándame o ficheiro para poder probala.


----------------------------------------
/home/leo/Escritorio/bash-4.2.gl.po:385(#75)
#: builtins/exit.def:88
msgid "not login shell: use `exit'"
msgstr "non é un shell de entrada: use `exit'"
[note] rule [id=noPT-2011_quit] ==> «quit», «exit» tradúcense como «saír»


A veces «quit» e «exit» non se deben traducir. Creo que aquí habería
que facer o mesmo que se fixo coa regra de «window»

Ás veces non se debe traducir, como é o caso de nomes de ordes e funcións de programación. Pero é extremadamente difícil recoñecer estes casos, de feito non se me ocurre como poder facelo. Entón, só teño dúas solucións (e maliñas): ou silenciar o pology (ver documentación) para esta mensaxe e regra, ou aceptar un pouco de ruído de falsos positivos.



----------------------------------------
/home/leo/Escritorio/bash-4.2.gl.po:463(#91)
#: builtins/help.def:337
#, c-format
msgid "Type `help name' to find out more about the function `name'.\n"
msgstr "Teclee `help nome' para saber máis sobre a función `nome'.\n"
[note] rule [id=noPT-2010_find] ==> «find» tradúcese como «atopar», ou «buscar»

cando aparece «find out» no texto orixinal salta esta regra, e non debería

Motivo: o phrasal "find out" non debe seguir a regra xeral de "find"->atopar/buscar. Podo, se tal, meter unha regra específica para "find out", pero: a) ou é para un ambiente concreto (kde, gnome, bittorrent, ...), i.e., é unha escolla específica dun proxecto,
b) ou se acorda unha tradución para "find out" nunha trasnada.


----------------------------------------
/home/leo/Escritorio/bash-4.2.gl.po:551(#107)
#: builtins/mapfile.def:354
msgid "array variable support required"
msgstr "requírese a compatibilidade de variábel de matriz"
[note] rule [id=noPT-2011_support] ==> «support» tradúcese como
«asistencia técnica», «ser compatíbel con», «admitir», «permitir
utilizar», «incluír»

Aínda que é certo que se nos pasou incluír «compatibilidade» ao
discutir, creo que todos estamos máis ou menos de acordo con isto

Buffff, a regra de "support"........... mira, póñaa como a poña, ha petar.
Anótome pór "compatibilidade", pero polo amor de quen queirades: limitai as opcións, porque a efeitos práticos está case que a converterse en "calquera cousa traduce a support".


----------------------------------------
/home/leo/Escritorio/bash-4.2.gl.po:1589(#309)
#: siglist.c:87
msgid "Killed"
msgstr "Matado"
[note] rule [id=PT-2011_kill] ==> «kill» tradúcese como «matar»

Creo que é evidente o que falla

Anótoma.


Ademais mirando mensaxes de fíos que tiña pendentes de ler atopei
cousas que se deberían arranxar, pero que non sei se se arranxaron xa:

msgid "Ico_nify"
msgstr "Ico_nificar"
[note] rule [id=PT-2011_icon] ==> «icon» tradúcese como «icona»

Esta regra non debería aplicarse

Penso que a modifiquei para que non salte se atopa "icon" antes de "if"+algo.

Creo que é aceptable incluír «compatibilidade» e «compatíbel»

Vid supra.



[note] rule [id=noPT-2011_font] ==> «font» tradúcese como «letra» (e
«fonte tipográfica»

Que eu saiba as únicas traducións acordadas son «tipo de letra» ou
«letra» (para tradución interpretativa)

Míramo, anda, que é posíbel que me comese algo nesta regra (falta un paréntese ao final do ==>, e penso que puido haber un fallo ao cortar e apegar.



[note] rule [id=noPT-2010_hide] ==> «hide» tradúcese como «acochar»

Isto aínda non se decidiu. Aínda que xa o puxen para discutilo (outra
vez) na seguinte Trasnada.


[note] rule [id=noPT-2011_support] ==> «support» tradúcese como
«asistencia técnica», «ser compatíbel con», «admitir», «permitir
utilizar», «incluír»

As opcións acordadas non son todas esas:
http://trasno.net/ficheiros/upload/resultados_trasnadas/glosario_trasnada11.1_so_recomendadas.tbx

Só asistencia técnica e compatibilidade ? Por min macanudo!



[note] rule [id=noPT-2010_locate] ==> «locate» tradúcese como
«atopar», «buscar», «situar» ou «colocar»

As opcións acordadas non son todas esas:
http://trasno.net/ficheiros/upload/resultados_trasnadas/glosario_trasnada11.1_so_recomendadas.tbx

Colocar engadínno por algún motivo.

Nota: mira o ficheiro README que acompaña as regras.



[note] rule [id=PT-2011_keyword] ==> «keyword» tradúcese como «palabra
clave» (buscas) ou «palabra chave» (acceso)

As opcións acordadas non son todas esas:
http://trasno.net/ficheiros/upload/resultados_trasnadas/glosario_trasnada11.1_so_recomendadas.tbx

A min vádesme matar: o de buscas/acceso non o inventei eu, saqueino da rolda.

Adicionar o de palabra reservada heino facer.

[note] rule [id=noPT-2011_path] ==> «Path» tradúcese como «ruta» (ou
secuencia de vértices)

O da «secuencia de vértices» pódese quitar

Non. Está aí para cando se use nun programa de debuxo vectorial. Pero a regra está incompleta:
# «Path» tradúcese como «ruta».
{\bpath(\b|\s|s)}i
valid after="trust\s"
valid after="<" before=">"
id="noPT-2011_path"
valid msgstr="\bruta"
valid msgstr="\bsecuencias?\sde\svértices"
hint="«Path» tradúcese como «ruta» (ou secuencia de vértices)"

A penúltima liña debera ser:
valid env="svg" msgstr="\bseucuencias?\sde\svértices"

de xeito que só se admita esa tradución en ficheiros que usen termos de "svg" (vale, de deseño vectorial)

A ver logo, mándame os ficheiros que che pido e irei modificando as regras... pero insisto: un documento non modificábel, listo para imprimir, unitario no seu contido (que reúna todos os acordos de tódalas trasnadas) había axudar moito.

Para rematar, por agora, repítome: o check-rules, para tirarlle o máximo de proveito, é lixeiramente intrusivo no ficheiro. Usar con sentidiño o equip-header e o mecanismo de aceptación forzada de regras mellora os resultados.

--
BRGDS
Marce Villarino
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a