En 2012/03/08 13:44, Leandro Regueiro escribiu:
2012/3/7 Xosé<[email protected]>:
[note] rule [id=noPT-2010_hide] ==> «hide» tradúcese como «acochar»
Isto aínda non se decidiu. Aínda que xa o puxen para discutilo (outra
vez) na seguinte Trasnada.
Eu penso que se acordou que fose «agochar», que «acochar» é cando o porco
fai a cama e, de facto, estíveno a modificar ultimamente.
Repito. Discutiuse, non se chegou a nada definitivo en dúas Trasnadas
e téñoo anotado como posposto. Iso si, como na seguinte non cheguemos
a un acordo xa é preocupante. Levádea preparada que xa vos estou
avisando con tempo suficiente de que «hide/show/print/display» entra
seguro.
Certo.
Na miña opinión poida que a cousa aínda non estea madura. :-P
A modo de recordatorio, se mal non lembro as propostas viñan sendo:
mostrar(substantivo: mostra), amosar(substantivo: amósega?? no volga non
aparece)
No estraviz, amósega non aparece como sinónimo do mostrar, aparece unha
variante: amostrar a cal non aparece no volga. Buff!!
No dicionario sen actualizar da rag aparece amosar co significado ao que
nos referimos, amósega non aparece.
Así como referencias chamoume a antención o uso de amosar por parte do
google en relación a "amosar máis resultados". Non sei quen traduciría iso.
Abur
Deica
_______________________________________________
Proxecto mailing list
[email protected]
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
_______________________________________________
Proxecto mailing list
[email protected]
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto