En Thu, 08 Mar 2012 14:23:25 +0100, Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com> escribió:

Entendo que un bastante dificil como documento de consulta para un
humano e para ese caso por agora está o documento

...
para comprender mellor o problema explico o meu procedemento:
- imprimo en papel o documento coas cousas a engadir ás regras
- á medida que vou metendo unha regra, risco a parte do impreso que corresponda - cando todo ten o risco que indica "feito", pois paso a probar as regras sobre algúns ficheiros. - cando algunha regra dá a lata, por exemplo polo mítico problema da polisemia, márcoa como "noPT-ano_word". Ese "noPT" indica que non segue estritamente o acordado, pero que se tentou, polo menos. - despois vou metendo as "porcalladas", é dicir, os casos "valid env=......... "

De aí que me sexa de tanta utilidade ter un ficheiro co acordado nunha trasnada (sen discusións nin óstias, só o final), e outro para cando coincida revisar que se adapte ao acordado.
...

http://translationproject.org/PO-files/gl/bash-4.2.gl.po

OK.


Outra opción. A ver se me explico. Na primeira Trasnada acordouse que
«window» se traduciria como «xanela». Uns días despois fixeches a
regra correspondente para o Pology. Eu probei o Pology e vin que daba
moitos falsos positivos por cadeas como «Microsoft Windows» ou «X
Window» e decidimos que na regra tamén aceptaría a posibilidade de que
«window» ou «windows» apareceran sen traducir na tradución ao galego.

Ben. O que che estaba indicando é que se podía facer o mesmo para
«quit» e «exit» que a veces poden aparecer traducidos e outras veces
pode que aparezan sen traducir, por exemplo por ser ordes, parámetros
para unha orde ou funcións de programación como dixeches. Deste xeito
a veces non detectará que non se traduciu cando se debeu ter
traducido, pero creo que serán poucos menos casos que de veces que non
se debe traducir e salta a regra tocando as narices.

Brrr, se non hai outra, pois faise.

E digo brrrr porque o ideal sería que os textos na orixe (source code) viñesen con "etiquetado semántico", de tal xeito que o que son ordes, nomes de ficheiros, marcas comerciais e cousas así estivesen entre <oquesexa> e <oquesexa/>. Resulta que pology pode preprocesar os textos (e faino), de xeito que estas cousas poden ser suprimidas ou substituídas antes de pasar as regras.


E non se podería facer que a regra só se aplique cando aparece «find»
pero sen estar seguido de «out»?

Si, pero a ver, en case todos os casos estamos a falar do mesmo caso:
- Nas trasnadas acórdanse termos (puntos dun erre dous que ten nun erre o conxunto de palabras e no outro erre o de definicións), pero o pology traballa con secuencias de caracteres. Entón, para un de nós é moi doado ver "X Windows" e recoñecer que se está a referir a unha marca rexistrada para un protocolo de servizo gráfico, e non a unha xanela. As regras pódense pór con cantos casos concretos faiga falla. Funcionará. Pero non deixa de ser pouco elegante. Estes casos "excepcionais", polo menos aqueles que non sexan por nomes comerciais, deberían ser tratados tamén na trasnada (por quitar algún noPT, non por outra cousa).


# «icon» tradúcese como «icona»
{\bicon}i
valid before="if."
id="PT-2011_icon"
valid msgstr="\bicon(a|iz)"
hint="«icon» tradúcese como «icona»"

Se non entendo mal vale que a tradución teña «icona» ou «iconiz»
(supoño que por «iconizar»). Preferiría que houbera dúas regras, unha
para «icon» e outra para «iconify». Por certo, «iconify» é algo que
aínda non se tratou, polo que para ser xustos non debería ter regra
con identificador PT.

Entendiche ven. O de meter o "if." aquí é para que esta regra non se aplique ao verbo "iconify", se algún día hai unha regra para este, pois haberá que meter unha regra nova.


Eu poríaa así (revisar por se metín a zoca na sintaxe):

# «font» tradúcese como «letra»
{\bfont}i
id="noPT-2011_font"
valid msgstr="\btipo\sde\sletra" <====== "\btipos?\sde\sletra", para que colla o plural.


--
BRGDS
Marce Villarino
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a