2012/3/29 Enrique Estévez Fernández <[email protected]>: > Ola. > >> Se puideras xerar unha memoria de tradución para Netbeans e >> VirtualBox, ou pasar unhas máis actualizada tamén se agradecería, >> porque as que subín ao FTP creo que só inclúen as primeiras >> traducións. > > Buff, en NetBeans fai tempo que non se facían TMX, xa que nas últimas > versións se estaba traducindo nun aplicativo en liña. Fai uns meses > pecharon as traducións e non sei en que qedou o asunto. Non volvín a > investigar e non sei se se creou unha plataforma independente para > traducir o aplicativo (cousas de Oracle). Ao mellor conservo algunha > TMX vella. Lembro que nalgún momento na versión 7 debín descargar os > ficheiros fontes e traducidos nun formato raro para ver se era capaz > de emparellalos con algún aplicativo, pero non cheguei a mirar como > facelo.
Vale, se se pode conseguir ben, e se non xa temos un TMX. > Con respecto ao VirtualBox, fai moitas versións que non o traduzo e > non sei como está o asunto, pero traducíao mediante QTLinguist que > usaba os seus compendios, co que tampouco teño TMX. Podiase probar a converter desde ese formato a algún que acepte o po2tmx. Xa postos a ver se se podía facer algunha memoria para os produtos de Mozilla. Se precisas algo de axuda só tes que dicilo. Deica _______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

