Doume por aludido... En 20 minutos + o tempo de subida pásoche unha ligazón polo chat.

Fran Diéguez
http://www.mabishu.com
GPG: 43DD 1B00 035F A764 4986  E695 98BB 6626 A2A4 F9B8

On Mér 11 Abr 2012 13:54:19 CEST, Leandro Regueiro wrote:
2012/4/1 Enrique Estévez Fernández<keko...@gmail.com>:
Ola.

As traducións de mozilla pódense comprobar aquí:

http://www.frenchmozilla.fr/transvision/

E as TMX pódense descargar desde aquí:

http://www.frenchmozilla.org/transvision/TMX/

Hai memorias para cada rama de tradución dos produtos. Son xeradas
automaticamente a partir das traducións dos repositorios. É un
proxecto francés que se encarga de todo. Mentres o fagan eles, non o
temos que facer nos, fano para todos os idiomas.

O fallo é que non sei exactamente para que versión é a memoria, e se
non estou equivocado mesturaron nun único ficheiro TMX as traducións
de Sunbird, Firefox, Thunderbird e Seamonkey o que o complica un
chisco máis.

Inclúo esta memoria e unha para Inkscape:
http://www.trasno.net/trasno%3Amemorias

En canto teña a memoria de GNOME 3.4 publico unha nova.

Deica

Saúdos.

2012/3/30 Leandro Regueiro<leandro.regue...@gmail.com>:
2012/3/29 Enrique Estévez Fernández<keko...@gmail.com>:
Ola.

Se puideras xerar unha memoria de tradución para Netbeans e
VirtualBox, ou pasar unhas máis actualizada tamén se agradecería,
porque as que subín ao FTP creo que só inclúen as primeiras
traducións.

Buff, en NetBeans fai tempo que non se facían TMX, xa que nas últimas
versións se estaba traducindo nun aplicativo en liña. Fai uns meses
pecharon as traducións e non sei en que qedou o asunto. Non volvín a
investigar e non sei se se creou unha plataforma independente para
traducir o aplicativo (cousas de Oracle). Ao mellor conservo algunha
TMX vella. Lembro que nalgún momento na versión 7 debín descargar os
ficheiros fontes e traducidos nun formato raro para ver se era capaz
de emparellalos con algún aplicativo, pero non cheguei a mirar como
facelo.

Vale, se se pode conseguir ben, e se non xa temos un TMX.

Con respecto ao VirtualBox, fai moitas versións que non o traduzo e
non sei como está o asunto, pero traducíao mediante QTLinguist que
usaba os seus compendios, co que tampouco teño TMX.

Podiase probar a converter desde ese formato a algún que acepte o po2tmx.

Xa postos a ver se se podía facer algunha memoria para os produtos de
Mozilla. Se precisas algo de axuda só tes que dicilo.

Deica
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a