Ola,

Noraboa polo traballo. 
Estiven vendo na nova e na páxina das memorias e non hai información sobre o 
número de palabras e cadeas que contén cada unha. Xa sei que non é moi 
importante, pero eses datos poden dar unha visión (sobre todo para os que non 
estean familiarizados coas memorias) do que conteñen. E tamén pódense utilizar 
para dar un pouco máis de publicidade, por exemplo, dicir que hai dous millóns 
de palabras (ou case 400.000 cadeas) xa nas memorias de Trasno, pode dar unha 
idea maior do traballo que se leva feito.

Non vin por ningún lado que xa se fixera ese reconto, así que creei unha folla 
de cálculo (creo que vai adxunta, se non chega avisádeme) con eses datos. 
Utilicei Virtaal para obter os datos de cada unha das memorias. 

Outra cousa sen moita importancia, algúns dos ficheiros están comprimidos e 
outros non, pero non hai información de que sexa así na páxina das memorias 
onde si aparece o tamaño de cada ficheiro, creo que isto pode levar á confusión 
sobre o seu contido se se comparan os tamaños entre si.

Tiven os seguintes problemiñas na miña análise:
Non podía abrir o ficheiro TM_Magento_1.4.1.1.tmx con Virtaal porque hai un 
comentario antes da declaración XML. Cambie a orde deses elementos nun editor 
de texto e xa funcionou sen problema en Virtaal.
Non puiden abrir os ficheiro TM_Inkscape_0.48.tmx e 
TM_Firefox_Thunderbird_Sunbird_Seamonkey.tmx con Virtaal, intenteino tamén con 
Notepad++ e non había nada lexible.

Nada máis, un saúdo,

Lucía


> -----Original Message-----
> From: proxecto-boun...@trasno.net [mailto:proxecto-boun...@trasno.net] On
> Behalf Of Leandro Regueiro
> Sent: 11 April 2012 16:09
> To: proxecto@trasno.net
> Subject: Re: Memorias de tradución
> 
> 2012/4/11 Fran Dieguez <lis...@mabishu.com>:
> > Doume por aludido... En 20 minutos + o tempo de subida pásoche unha
> > ligazón polo chat.
> 
> Grazas á achega de Fran xa temos unha lista con máis de 20 memorias de
> tradución en formato TMX. Tamén publiquei unha nova
> http://www.trasno.net/content/publicaci%C3%B3n-de-memorias-de-
> traduci%C3%B3n-en-formato-tmx
> 
> Deica
> 
> > Fran Diéguez
> > http://www.mabishu.com
> > GPG: 43DD 1B00 035F A764 4986  E695 98BB 6626 A2A4 F9B8
> >
> > On Mér 11 Abr 2012 13:54:19 CEST, Leandro Regueiro wrote:
> >>
> >> 2012/4/1 Enrique Estévez Fernández<keko...@gmail.com>:
> >>>
> >>> Ola.
> >>>
> >>> As traducións de mozilla pódense comprobar aquí:
> >>>
> >>> http://www.frenchmozilla.fr/transvision/
> >>>
> >>> E as TMX pódense descargar desde aquí:
> >>>
> >>> http://www.frenchmozilla.org/transvision/TMX/
> >>>
> >>> Hai memorias para cada rama de tradución dos produtos. Son xeradas
> >>> automaticamente a partir das traducións dos repositorios. É un
> >>> proxecto francés que se encarga de todo. Mentres o fagan eles, non o
> >>> temos que facer nos, fano para todos os idiomas.
> >>
> >>
> >> O fallo é que non sei exactamente para que versión é a memoria, e se
> >> non estou equivocado mesturaron nun único ficheiro TMX as traducións
> >> de Sunbird, Firefox, Thunderbird e Seamonkey o que o complica un
> >> chisco máis.
> >>
> >> Inclúo esta memoria e unha para Inkscape:
> >> http://www.trasno.net/trasno%3Amemorias
> >>
> >> En canto teña a memoria de GNOME 3.4 publico unha nova.
> >>
> >> Deica
> >>
> >>> Saúdos.
> >>>
> >>> 2012/3/30 Leandro Regueiro<leandro.regue...@gmail.com>:
> >>>>
> >>>> 2012/3/29 Enrique Estévez Fernández<keko...@gmail.com>:
> >>>>>
> >>>>> Ola.
> >>>>>
> >>>>>> Se puideras xerar unha memoria de tradución para Netbeans e
> >>>>>> VirtualBox, ou pasar unhas máis actualizada tamén se agradecería,
> >>>>>> porque as que subín ao FTP creo que só inclúen as primeiras
> >>>>>> traducións.
> >>>>>
> >>>>>
> >>>>> Buff, en NetBeans fai tempo que non se facían TMX, xa que nas
> >>>>> últimas versións se estaba traducindo nun aplicativo en liña. Fai
> >>>>> uns meses pecharon as traducións e non sei en que qedou o asunto.
> >>>>> Non volvín a investigar e non sei se se creou unha plataforma
> >>>>> independente para traducir o aplicativo (cousas de Oracle). Ao
> >>>>> mellor conservo algunha TMX vella. Lembro que nalgún momento na
> >>>>> versión 7 debín descargar os ficheiros fontes e traducidos nun
> >>>>> formato raro para ver se era capaz de emparellalos con algún
> >>>>> aplicativo, pero non cheguei a mirar como facelo.
> >>>>
> >>>>
> >>>> Vale, se se pode conseguir ben, e se non xa temos un TMX.
> >>>>
> >>>>> Con respecto ao VirtualBox, fai moitas versións que non o traduzo
> >>>>> e non sei como está o asunto, pero traducíao mediante QTLinguist
> >>>>> que usaba os seus compendios, co que tampouco teño TMX.
> >>>>
> >>>>
> >>>> Podiase probar a converter desde ese formato a algún que acepte o
> >>>> po2tmx.
> >>>>
> >>>> Xa postos a ver se se podía facer algunha memoria para os produtos
> >>>> de Mozilla. Se precisas algo de axuda só tes que dicilo.
> >>>>
> >>>> Deica
> >>>> _______________________________________________
> >>>> Proxecto mailing list
> >>>> Proxecto@trasno.net
> >>>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
> >>>
> >>> _______________________________________________
> >>> Proxecto mailing list
> >>> Proxecto@trasno.net
> >>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
> >>
> >> _______________________________________________
> >> Proxecto mailing list
> >> Proxecto@trasno.net
> >> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Attachment: RecontoMemoriasTrasnoAbril2012.ods
Description: RecontoMemoriasTrasnoAbril2012.ods

_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a