2012/4/24, Fran Dieguez <[email protected]>: > Ok, xa o topei. Isto pasa por non ler. > > http://pology.nedohodnik.net/doc/user/en_US/ch-lingo.html#sec-lgspdicts
Sempre se dixo .... e creo que en Debian até hai unha páxina de manual .. . RTFM ;-DDDDD >> $skipedWords = array( >> 'GNOME', 'Glade', 'Diéguez', 'API', 'LDTP', 'widget', >> 'Java', 'Fortran', 'Autotools', 'Anjuta', 'Django', 'UUID'. >> 'gtk', 'Git', 'CSS', >> 'Glib', 'Intl', 'Fran', 'GTK', 'Makefile', A resposta completa é a seguinte: svn co svn:anonsvn.kde.org/home/kde/trunk/l10n-support/pology #(+/-), vamos, colle o programa fonte en pology/lang/gl/spell verás varios ficheiros TEMATICOS, e vista a listaxe de palabras que vas meter nos dicionarios, serán de interese os computingTerms.aspell e softwareProducts.aspell adiciona onde corresponda os termos da tua listaxe (gnome, glade, java, fortran, autotools, anjuta, django, gtk, git, css, glib, makefile etc a softwareProducts, penso, e API, widget e uuid a computingTerms.... Dieguez... pois a galicianWords non, se cadra o mellor é que te crees outro ficheiro. Amañados os dicionarios especializados como consideres oportuno, empaquetalos e mándallos a alguén con acceso ao repositorio para que os entregue. Que eu saiba temos acceso Miguel, xgf e máis eu, entre outra presada de persoas que nalgún momento da súa vida residiron en galiza. >> O script xa é bastante xeitoso permitíndome xerar MT por versión, >> automatizar a actualización dos clons locais dos repositorios de GNOME, >> actualizar os pofiles cos últimos cambios no código, subir as novas >> tradus, realizar revisións con enchant, xerar estatísticas e levar un >> control das traducións que realizo "diario de traducións", entre outras >> cousas. Como nota final: eu tamén teño scripts para isto, pero en sh con moitos bashismos. Se che interesan están en l10n-support/gl/coordinator_helper_scripts. Esta semana precisamente retoquei un ficheiro para que fixese correctamente a xestión de ficheiros con conflitos. Saúdos, Marce _______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

