olá:

Jesus Bravo Alvarez wrote:
> 
> Wed, Sep 29, 1999 at 05:39:57PM +0000, CrEqUe escribiu:
> 
> >investiguei un pouco sobre todo polo temas das licencias ... de todos os
> >xeitos aínda teño a versión 0.30 ou algo así e igual as cousas
> >cambiaron.
> 
>         Hombre, cambiar cambiaron moito, pero iso non. ;-D

referíame a ese aspecto, que xa tiven instalada a 1.0.* pero agora volvo
a estar coa vella por motivos que non veñen ao caso XDDDDDD
 
> >só pretendo axudar e digo o que pon na miña debian 2.1 (slink), non
> >coñezo o tema a fondo así que non me fagades moito caso. tampouco quero
> >quedar de pedante nin meterme nos vosos asuntos, só iso, axudar O:)
> 
>         ¿Como que "nosos asuntos"? Xa sodes pesadiños, ¿eh? :-P :-)

neste caso referíame a outra cousa ;PPP o caso é que ao escribilo
resultábame a min un pouco pedante, porque sobre estes temas como sobre
outros seguramente saibades vós máis ca min.

> >- GNOME non é GNU :? segundo di na documentación:
> >
> >GNOME is a GNU project, was started in 1997, and has developed very
> >quickly. GNOME can be thought of as an acronym standing for GNU Network
> >Object Model Environment.
> 
>         Si, xa o dixen eu dúas veces na lista.  O que pasa é que (nas miñas
> palabras), é unha especie de "confederación", xa que o código non é
> Copyright da FSF (como sucede cos outros programas de GNU)

non me enterara, pensei que te referías a que ao ser soft libre e para
linux pois que se levaban ben e era pura coincidencia o "G" ou "GN" de
GNOME con respecto a GNU O:)

> >- sobre licencias. o /usr/doc/gnome/copyright é:
> >The GNOME libraries (libgnome, libgnomeui, gtk-xmhtml and libgtktty) are
> >released under the terms of the LGPL license, read the file COPYING.LIB
> >for more information.
> 
> >así que supoño que aos ficheiros eses tamén lles haberá que dar a GPL.
> >se vos referides só a poñervos como autores pero con licencia GPL, a
> >propia GPL recomenda facer o seguinte:
> 
>         Mmmm, creo que tes unha confusión bastante habitual.  GNU implica
> GPL, mais GPL non implica GNU, son cousas distintas.
> 
>         Aí ven o que che explico enriba.  Os programas de GNU usan GPL,
> pero _ademais_, obrigan a que o Copyright sexa da FSF.  Pero GNOME non,
> aínda que "aparentemente" sexa GNU.  Ti fas os programas GPL, pero o
> Copyright é teu. :-)

joer xa sei. ao dicir autores referíame a ter ti o copyright (ou
copyleft segundo din). eu interpretaba que ou ben non sabiades se tiña
que ser GPL ou non ou ben non sabiades se podiades poñer o copyright
voso. loxicamente se o facedes vós podedes poñer o copyright. o que me
leva á seguinte reflexión ...

iso que dis de que se obriga a que o copyright sexa da FSF sóame un
pouco raro. non digo que non sexa certo, pero pensei nisto: se ti fas un
programa e colles partes dun con GPL e (c) da FSF, non vai ser o teu
tamén (c) da FSF; e entón se modificas un con estas características
tampouco tería por que levar o (c) da FSF, porque tanto se o copias como
se o modificas fas o mesmo.

iso debe de ser unha tradición, ou unha norma para que o aloxen no
servidor de GNU, ou unha cousa práctica (por se cambias de dirección ou
te desligas de GNU, que a xente siga podendo contactar para mellorar ese
programa ou tal). quizais polas características do desenrolo ou algo así
do GNOME pasaron disto.

pero sexa dunha cousa ou doutra gustaríame coñecer máis información
sobre o tema. iso vén na GPL, está no servidor de GNU e onde, ... :?

>      _ _ _   _  _   Fidonet: 2:348/105.97
>    _|  |_| _|  |_|  http://De.nuevo.en/~obras

aburinho!!

CrEqUe  <cre...@futura.interbook.net>


--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mesaxe

Responderlle a