Tue, Sep 28, 1999 at 02:18:37AM +0200, Jacobo Tarrio escribiu:

>>      Estiven a falar hai uns días con Miguel de Icaza, sobre a traducción
>> dos programas de GNOME.
>
> Supoño que en mexicano, ¿non? Que se nón igual non nos entendía X-DDD

        Cala, cala, que cando viu a Madrid hai uns meses, non lle entendía
ninguén. X'DDD

        Por sorte escríbeo bastante ben. ;-)

>>      Semella que o xeito máis habitual de actualiza-las traduccións é por
>> CVS.  Así que, case sen pedirllo, deume unha conta no servidor. (Miguel
>
> Ben, pois hala, ti coordinas GNOME :-PPPP

        Ó final imos ter vinter coordinadores, ¿cantos proxectos quedan?
¿Alguén se anima con KDE? X')))

>> ponse moi ledo cando lle din que alguén está a traducir GNOME a calquera
>> lingua) X')))
>
> Non me estraña :-) Anda, dille que eu son o coordinador do proxecto :DDD

        ¿E para qué? ¡Se é un cabeza tola!  Esquécese de min ós dous
minutos de ter falado comigo. X')))

        (Por certo, a ver se alguén pódeme explicar un pouquiño a
"legalidade" deses verbos pseudo-compostos co verbo ter) O:)

>>      O feito de que o sistema sexa o CVS implica que haxa que botar de
>> cando en vez unha ollada ós paquetes para ver se teñen novas cadeas a
>
> ¿Anuncian os ficheiros novos/cambiados por mail?

        A bo lado vas. :-D  Non, pensa que a maior parte das veces os
cambios fanse pouco a pouco, cada vez que alguén os fai ó actualiza-lo CVS.

        Como dicía nese párrafo (cortáchelo :-P), hai unha páxina onde di a
porcentaxe de mensaxes traducidas de cada paquete.

>>      Outra cousa máis.  Non fai falla que enviarade-lo disclaimer, e os
>> .po que fagades non teñen por qué ser Copyright da FSF, senón voso.
>
> Ajá, logo GNOME non é de GNU. Xa me parecía. Pois vouvos cambia-lo

        Eu non che sei qué pensar, están todos medios tolos.  Na páxina de
GNU aparece o proxecto GNOME, pero... :-?

        Igual é unha confederación de proxectos, vai ti a saber. :-D

>copyright das traduccións de GNOME da FSF a vós mesmos, que, carallo, tedes
>dereito :-)

        Eu xa os cambieu nos meus. ;-D

>>      Esta e a miña lista de paquetes de GNOME.  Os que teñen asteriscos
>> son os que aínda non se remataron.  Xacobe, se fas o favor, engádeos á túa
>> lista (ou fai dous separadas) para ter todo ben coordinado:
>
> Vale, engádoos, pero mellor ten ti a información sobre as versións dos
>paquetes, que eu non a teño na miña lista (poñeríaa de non ser que ata hai

        Si, eu mantereina, dicíao sobre todo para a coordinación de quén
está a facer cada paquete, e se hai alguén que aínda non traduciu ningún se
anime.

>> gcad
> ¿gcad ou gcal? Incluíno, pero por favor, confírmamo :-)

        É gcad, aínda que non parece ser moi desenrolado...

        Agora cambiaron a lista de paquetes na páxina de status, semella
que deixaron só os máis importantes.  Terei que poñela de novo, para que
ninguén se adique a traducir programas que nin creo que compilen. X')

>> dr-genius
>
> Este programa viña co meu rato, hai uns nove anos :-?
> Confírmamo; polo momento non o incluín :-m.

        Vouche dar eu a ti o rato. :-D

        É unha calculadora desas con linguaxe propio, e que che fai a
comida con un pouco de sorte.  I esta si que está activa. :-)

        (Xa que estamos, outra dúbida.  ¿Cando hai que poñer "i" no lugar
de "e"? ¿Algunha vez, nunca?)

> Os demais paquetes xa están incluidos... de antes ou de agora X-))

        Se algunha vez dubidas, bótalle un ollo a:

        http://cvs.gnome.org/lxr/source

        E non te perdas. ;-)

>>      Agora ven a pregunta.  Podemos facer dúas cousas: 1.- Ir enviando
>> os paquetes que xa temos.
>
> Case que mellor isto, ¿non? :-) Na miña potato xa hai un directorio eu/ e
>outro ca/ (cos seus correspondentes eu_ES e ca_ES) e quero superalos en
>paquetes X-DDDDD

        O do éuscaro (vaia palabrón) é sinxelo, o do catalán non tanto, xa
puxen eu nesta mensaxe que quería adiantalos. X'D

        Non sei, eu dicíao para empezar directamente con máis paquetes que
eles. O;D  Ben, da igual, pasiño a pasiño alcancarémolos. Ç:)

>>      E tamén habería que cuestionar algo parecido coas utilidades GNU.
>> Eu xa recibín a confirmación do disclaimer, ¿e vos?
>
> Eu preguntei ao meu amigo François Pinard [ ;-) ] a ver que pasa co bash e
>se me confirman o recibo do disclaimer ou que :-)

        ¿Non lles preguntaches ós de ass...@gnu.org?

-- 
     _ _ _   _  _   Fidonet: 2:348/105.97
   _|  |_| _|  |_|  http://De.nuevo.en/~obras
--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mesaxe

Responderlle a