Wed, Feb 02, 2000 at 10:40:26PM +0100, Francisco X. Vázquez escribiu:

>>         ¿De que versión colleche-lo ficheiro .pot?  Se queres mándoche o
>> .pot da última actualización do CVS...
>
>:-?, non sei que versión, eu mirei polas paxinas do proxecto GPUL-traducción e
>baixei o que atopei.

        Ah, vale, entón era o .pot que puxen eu. :-D

>Asi que case mellor que mo mandes, gracias.

        De tódolos xeitos, actualiceino porque decateime (sigh) de que non
era só ese ficheiro, hai 3 máis, e un deles ten o dobre de tamaño (250 Kb).
8-mmm

        Son en total 4320 mensaxes (iso agora, xa que ó estar en
desenvolvemento constante, o número aumenta con frecuencia, é probable que
teñas que usar msgmerge nalgún momento)

        Non sei se traduciches xa algún programa, pero 4000 mensaxes é un
puro incrible... Un consello, tómao con calma, aínda que xa te decatarás ti
cando leves 150 ou 200 mensaxes seguidas e esteas aburrido e coa cabeza
dando voltas. :-)))

        Volve a collelos (http://ceu.fi.udc.es/~jtarrio/gl-po/gnome/pot/).
Son os 4 ficheiros que empezan por gimp (igual tes que esperar a que se
actualice a copia da páxina web)

>Ainda que xa non sei que facer, como xa o traduceu Ramon Flores, ainda que eu
>cando vin as imaxes pensei que estaba en portugues.

        Eu tamén. :-)

>Seguramente o traducirei a oficial dende cero pero se podo conseguir o gimp.pot
>da traduccion de Ramon xa poderia facer como fixeches ti co xfce (¿sabedes onde
>podo conseguilo?)

        Non sei, a ver se di algo...  Se xa o traduciu serache bastante máis
fácil (aínda que sexa normativa AGAL, non a de mínimos, e teña máis
diferencias)

>>         En verdade, mirando que vai ser imposible chegar a un consenso con
>> isto, penso que será mellor que cada quen escolla o que queira, teremos que
>> facernos a usar programas que usen as tres palabras (agora mesmo xa os hai,
>> así que...)
>
>Eu xa non opino máis, despois de un arduo traballo de campo descubrin que na
>miña aldea xa se usaba a mediados do seculo pasado (estamos no XX)o termo
>ventana.  :-(((    :-???   :-O

        Vaia, non pensei que ese castelanismo fose tan vello. :-???

        De calquera xeito, usa xanela se queres. ;-)

-- 
     _ _ _   _  _   Fidonet: 2:348/105.97
   _|  |_| _|  |_|  http://De.nuevo.en/~obras
--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mesaxe

Responderlle a