O Mon, 24 Apr 2000,  escrebeche:

> >O xeito, pois non sei, así neste intre... pois ocorreseme que se acepte
> >calquera traducción nun principio, pero que se despois alguén fai unha na
> >normativa oficial, e se ve que está ben, pois que sustituia á outra. Por
> 
>       Iso sería o ideal, pero ten que contar co que opine o autor
> orixinal, xa que é el quen ten que contactar co autor para face-la
> sustitución.
> 
>       Se cadra, nese caso, podíase facer unha sección especial na páxina
> web na que se recollan tódalas traduccións feitas noutras normativas, con
> instruccións específicas para quen queira substituí-la traducción normativa
> pola orixinal.
> 
> Pero insisto, non é cousa miña decidilo. :-?

Non contestei a isto porque cabrea-me un tanto o tema. Explico-me, por agora
van traducidos ao galego menos de 50 pacotes, e por pór un exemplo a Debian
inclue máis de 2250 pacotes.  Portanto retraducir pacotes semella-me un tanto
parvo, cando non mala uva.

Hai alguen que pense por aco que eu traducin os programas que traducin en
normativa de mínimos por ser incapaz de face-lo en normativa oficial?. Hai
alguén tan parvo que entenda un programa en normativa oficial, e non en
normativa de mínimos? 

Desde logo que ninguén conte conmigo para que me poña en contacto co autor
dun programa traducido por min para lle dicer que substitua unha tradución miña
por outra.

Un saudo
        Ramón

Responderlle a