Mon, May 08, 2000 at 08:13:55PM +0200, Ramón Flores d'as Seixas escribiu:
>Non contestei a isto porque cabrea-me un tanto o tema.
Se che cabrea non entendo por que non o contestas, precisamente.
:-?????
>Explico-me, por agora
>van traducidos ao galego menos de 50 pacotes, e por pór un exemplo a Debian
>inclue máis de 2250 pacotes.
Dos cales non serán traducibles máis de 100/150. E se non o cres
podes mirar os paquetes traducidos ó alemán, ó danés ou ó noruegués, que
son exemplos de linguas moi soportadas.
E toda a proposta baseábase en que as traduccións noutras
normativas fosen poucas, como así acontece. Deses 50 paquetes (que non
creo que sexan tantos, non creo nin que cheguen a 25), conta cantos están
noutras normativas... O XFce e creo que máis nada (tampouco sei exactamente
os paquetes que levas traducidos)
>Portanto retraducir pacotes semella-me un tanto parvo, cando non mala uva.
A min nunca se me ocorrería traducir un paquete de novo. Algo como
o xfce levaría bastantes horas, mentres que as modificacións que lle fixen
leváronme 25 minutos.
>Hai alguen que pense por aco que eu traducin os programas que traducin en
>normativa de mínimos por ser incapaz de face-lo en normativa oficial?. Hai
Non, ti mesmo dis que o traduces en normativa de mínimos porque che
peta na gana.
>alguén tan parvo que entenda un programa en normativa oficial, e non en
>normativa de mínimos?
Non, pero a min como usuario prodúceme unha sensación estraña ter
un programa nunha normativa e outro noutra. E tamén sensación de pouca
seriedade. Ademais, neste caso, non sei para que carallo estamos co da
estandarización dos vocábulos...
>Desde logo que ninguén conte conmigo para que me poña en contacto co autor
>dun programa traducido por min para lle dicer que substitua unha tradución miña
>por outra.
OK, non me parece o correcto, pero que se lle vai facer...
--
_ _ _ _ _ Fidonet: 2:348/105.97
_| |_| _| |_| http://De.nuevo.en/~obras