O Wed, 12 Apr 2000,  escrebeche:
> O Wed 12 Apr 2000 18:57:16 +0000, Manuel A. Fernandez Montecelo escribía:
> 
> > > cousa nosa...  ¿Aquí tamén quen cala otorga? :-)
> > gl_PT :????
> 
>  ¿En que pais (politicamente falando) se fala o pt_ES? :-D

O movimento reintegracionista considera que se fala a mesma lingua en Galiza,
Portugal, Brasil, etc. Ainda que como en toda língua extensa haxa diferenzas
entre os distintos dialectos. Asi os portugueses e os brasileiros non escreben
exactamente igual, e tampouco a normativa de Agal é exactamente igual á
portuguesa. Un pode estar en desacordo con esa postura, mais non pode
negar,sen faltar gravemente a verdade, a existéncia desa corrente de opinión.

Internacionalmente esa língua é coñecida por Portugués, e o código
correspondente é pt.

pt_BR designa ao portugués falado no Brasil, pt_PT ao portugués falado en
Portugal. (Asumindo que as falas galegas son parte da lingua hoxe en dia
coñecida internacionalmente por portugues). Ao portugués falado na Galiza, que
polo momento é parte do Estado Español, correspondelle portanto pt_ES. 

Un saudo
        Ramón

Responderlle a