Sun, Apr 16, 2000 at 11:30:33PM +0200, Santiago Garcia Mantinan escribiu:
>> ¿Ninguén contesta a isto? Tamén penso eu que o pt_ES non sería
>> cousa nosa... ¿Aquí tamén quen cala otorga? :-)
>
>Ummm.... imos ver, eu disto das normativas e tal nin ideas, e como sei que e
>cousa que se se toca, doe, pois non ia decir nada, pero estos días andaba a
>xente de debian que era un cristo o de ter tantas traduccions. A verdade,
Carallo, ¿os de Debian con esas parvadas? Non che sabía eu que
fosen angloimperialistas... }:)
Ó final teremos que nos refuxiar todos en Mandrake, que parece
que é a única distribución que se preocupa destes temas... ;-)
>O xeito, pois non sei, así neste intre... pois ocorreseme que se acepte
>calquera traducción nun principio, pero que se despois alguén fai unha na
>normativa oficial, e se ve que está ben, pois que sustituia á outra. Por
Iso sería o ideal, pero ten que contar co que opine o autor
orixinal, xa que é el quen ten que contactar co autor para face-la
sustitución.
Se cadra, nese caso, podíase facer unha sección especial na páxina
web na que se recollan tódalas traduccións feitas noutras normativas, con
instruccións específicas para quen queira substituí-la traducción normativa
pola orixinal.
Pero insisto, non é cousa miña decidilo. :-?
--
_ _ _ _ _ Fidonet: 2:348/105.97
_| |_| _| |_| http://De.nuevo.en/~obras