Para facer substitucións en tódolos ficheiros que queiras, podes empregar 
programas que xa están feitos ;)) . O catalogmanager de kbabel permíteche 
facer substitucións en todos os ficheiros que lle indiques, con varias 
opcións. Tamén o Kbabel o fai, pero só no ficheiro que teñas aberto. 
 
Sobre o de traducir do portugués, só o recomendo se se revisan unha por 
unha as mensaxes (ollo, unha por unha e con tradución mental simultánea). 
Este xeito de proceder implicaría, se se emprega de mal xeito, adquirir os 
erros de tradución-interpretación que puideran ter os nosos veciños, e 
copiar algúns usos lingüísticos, expresións, sintaxes, etc. non orixinais 
do galego. Dito isto, virá a tempestade de argumentos prolusistas, que 
despois de todo, respeto, pero non comparto. Só son quén de ser favorábel 
á ortografía lusista, pero non ao vocabulario. Quede claro o meu escaso 
coñecemento da lingüística, por se acaso ;). 
 
Dun xeito ou doutro, paga a pena ver como quedan uns cantos exemplos de 
ficheiros, pode que produzan un resultado máis que aceptábel. 
 
 
 
 

-- 
Telefonieren Sie schon oder sparen Sie noch?
NEU: GMX Phone_Flat http://www.gmx.net/de/go/telefonie
_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a