Grazas Xavier!!
Se pode ser e podo ir ben, e se non podo, por min ou que non se pode
tampouco pasa nada. Simplemente quería coñecer e saber o estado da
cuestión e que perspectivas de futuro poden haber. Tamén por parte da
nova administración cales son as súas intencións.
Como dicía son moi novo nestas lides e tampouco quero entorpecer.
Saudos
Xabier Villar escribió:
2006/6/21, Daniel Muñiz Fontoira <[email protected]>:
Ola!
Fun eu quen preguntou se a reunión será publica e se podía asistir (en
calidade de ouvinte), mais en principio penso que non podo aportar
moito (levo pouco nisto) pero sí coñecer mais e tentar ver que é o que
podo facer.
De todos modos se non se pode porque só pode ir xente importante, pois
nada. Supoño que xa contará a xente que considera que se vai quen
queira será unha "feira" o relevante dese encontro.
Curiosamente, debo ser o mais novo da comunidade trasno. E tampouco
confirmei que puidese ir xa que que eus saiba ainda non está fixada,
ainda que si proposta.
Só quería asistir para coñecer mais.
Saudos a todos.
Daniel
Non creo que ninguén de Trasno esté en contra de que asistas, ti nin
ninguén. Xa o feito de que preguntes demostra interese, que é o que
realmente (alomenos para min), xunto coa dedicación ó traballo, pode
tomarse como indicativo da "importancia". Por suposto que hai
coordinadores, supostamente pola súa dedicación, que é importante que
estén presentes, pero cada un de nós podemos aportar algo, ou polo
menos aprender (e coñecernos persoalmente, que foi un dos motivos polo
que falamos fai un tempo algúns dos tradutores de KDE de facer unha
quedada :P)
Creo que o que mvillarino quere dar a entender é que a posibilidade de
que a xuntanza se convirta nunha feira é remota... en certo modo,
desgraciadamente, porque indica que somos poucos :(
Espero que non te sintas excluído, eu son da opinión de que hai que
fomentar este tipo de xuntanzas, xa sexa coma neste caso con
representantes da Xunta, xa sexa entre nós para mellorar a conciencia
de grupo e dar moral :)
E por certo, mentras non se fixe a data, é prematuro falar de canta
xente poderá asistir, canto máis de falar de "feira". Se chegado o
momento, fósemos moitos (que o dubido), xa se chegaría a unha decisión
sobre quen é máis "importante" que vaia :P
Un saúdo! :)
--
Xabier Villar
_______________________________________________
Trasno mailing list
[email protected]
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno
|
_______________________________________________
Trasno mailing list
[email protected]
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno