On 6/20/06, José Ramom Flores d'as Seixas <fa2ra...@usc.es> wrote:
Non sei se algunha vez foi certo o dito "o bon pano vende-se na arca", mais
hoxe en dia é máis falso que unha moeda de 3 euros. Trasno, sen chegar a ser
un proxecto clandestino como foi ceibe :), peca por falta de publicidade. A
sua web non reflecte ben o traballo feito, e até ha pouco daba a impresión do
proxecto estar morto, é falso xa o sei, mais esa era a impresión que daba.
Outros proxectos teñen webs con actualizacións diárias, e xente detrás que se
toma o traballo de ir a xornadas, falan con quen os queira escoitar, e
loxicamente teñen moita mais visibilidade.

A ver se agora que a páxina de Trasno se vai converter nun wiki
conseguimos unha páxina web máis actualizada, xa que iso é o primeiro
e o único de Trasno que van ver moitos.

Este governo da Xunta ten unha postura favorábel ao software libre (SL), en
clarísimo contraste co anterior. Ademais pula polo SL en galego. E isto, unha
vez superados os malentendidos e omisións, é unha moi boa noticia para os que
estamos nesta lista, penso eu. Outra cousa é como coordenar esforzos, e como
facer para que se vexa recoñecida a escura e paciente labor dos tradutores
trásnicos (ou trasnenses).

Penso que para iso é a reunión proposta.

A nível global o movimento de SL é unha mistura de voluntários e empresas. Eu
non saberia cuantificar, mais unha boa parte dos desenvolvedores de SL están
pagados por empresas, como IBM, RedHat, Novel, Mandriva, etc. Sen o seu apoio
o movimento de SL seria unha sombra do que é. Na Galiza para que o SL triunfe
vai ser tamén necesário a axuda de empresas. Outra cousa é que estas empresas
deban acreditar no SL, e ademais que é necesário chegarmos a unha boa
relación entre a parte empresarial e a parte comunitária.

Eu tamén penso así, pero paréceme que non empezamos ben, ainda que non
teño moi claro de quen é a culpa.

Por último, in my not so humble opinion,  para a reunión coa consellaria seria
imprescindíbel estaren os coordenadores, ou algun representante, dos
subproxectos GNOME, KDE e Mandriva. Pode estar mais xente, mais se ha MOITA
MÁIS xente, o asunto pode converter-se nunha feira.

Home, dicir que na traducción de Mandriva hai coordinadores éche moito
dicir. Son ó único traductor, a non ser que non me dera conta de que
hai alguén máis. En principio contade comigo. E xa postos tamén
poderiamos aproveitar para vernos os trasnegos (ou o que sexa).

Ramon Flores
(http://ramonflores.br.tripod.com/)
_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a