O Martes 20 Xuño 2006 18:34, José Ramom Flores d'as Seixas escribiu:
> Algunhas cuestións:
>
> Se ben é certo que  ninguén morreu por desconfiado, ou iso din, nen sempre
> acerta quen pensa mal. Lembremos por exemplo como no affaire OpenOffice se
> levantaron suspeitas contra Roberto Brenlla e Agnix, suspeitas que non se
> confirmaron xa que non se apresentou con nengunha empresa ao concurso.

Os que pecamos de desconfiados descubrimos aos que pecan de malentendedores.
O affaire non surxiu para pór a ninguén como receptor directo da subvención, 
senón que surxiu para pórnos a nós en coñecemento de que algúns traballos ían 
ser pasados polo raseiro da política subvencionadora do Cesga. E impórtame un 
pito se ía ser unha empresa ou outra a que collera o traballo para logo facer 
subcontratación a dous filólogos axenos e quedarse co 80% da subvención para 
lucro, pois ao final demostras que as empresas deste clan (léase Eganet e 
cía, Mesa Galega pola Innovación) son moito máis lobby do que se pensa (o de 
Bruxelas a qué cres que responde?), máis, como dis, cando chega alguén do BNG 
á Consellaría de Industria. E non resulta difícil amosar por exemplo que as 
contestacións que sorprendentemente viron do exconcelleiro Carlos Neira tiñan 
para ben, ademáis de pórse na defensa destes grupos de software libre, pórse 
na defensa dos intereses empresariais destes grupos, nos que el mismo 
traballa. É dicir, cada quen ten a súa empresa, e cada unha destas empresas 
traballan e se encargan traballos mutuamente (este era o caso). E ollo, eu 
non estou a falar de ser traballador, como son os contratados para traballar 
por exemplo nas librarías Qt, eu falo de ser propietario dunha pequena 
empresa, na que ás veces nin sequera hai empregados, que recibe (e só 
traballa mediante este método) subvencións desproporcionadas para facer algo 
en aberto e fai o resto do traballo en pechado. 

Tamén se pode apuntar a que se é a Consellaría de Industria a que abre este 
novo proxecto non é só porque o BNG a teña nas súas mans, e por conseguinte o 
BNG é o único que amosa interese polo swl, para min bastante eleitoralista, 
xa que este interese fomentouno además dos lugs (loábelmente), a xente e 
empresas da rama informática (que por certo non fixeron moito polo software 
libre en Galicia, senón máis ben o contrario).

Coido que tampouco paga a pena xustificar que sen o mundo empresarial non se 
podería ter desenvolvido os sistemas abertos ata o punto nos que os temos 
hoxe en día, menos se pensas que para desenvolver é preciso ser empregado 
dunha empresa, ter un soldo e tempo libre (cunha base económica favorábel, 
polo menos de subsistencia) para programar desinteresadamente. Home, as 
cousas son evidentes, se non comes non traballas. Pero ¿que porcentaxe de 
desenvolvedores non pertencen ás compañías de software? ¿que porcentaxe 
pertence ás universidades? ¿non se pode dicir que, se cos grandes intereses 
empresariais que apostaron (e seguen apostando principalmente) polo formato 
propietario, se non teñen chegado a copar o mercado ou a existir teriamos uns 
sistemas operativos abertos, que non atenderan aos intereses económicos 
particulares?

>
> Non sei se algunha vez foi certo o dito "o bon pano vende-se na arca", mais
> hoxe en dia é máis falso que unha moeda de 3 euros. Trasno, sen chegar a
> ser un proxecto clandestino como foi ceibe :), peca por falta de
> publicidade. A sua web non reflecte ben o traballo feito, e até ha pouco
> daba a impresión do proxecto estar morto, é falso xa o sei, mais esa era a
> impresión que daba. Outros proxectos teñen webs con actualizacións diárias,
> e xente detrás que se toma o traballo de ir a xornadas, falan con quen os
> queira escoitar, e loxicamente teñen moita mais visibilidade.
>
> Este governo da Xunta ten unha postura favorábel ao software libre (SL), en
> clarísimo contraste co anterior. Ademais pula polo SL en galego. E isto,
> unha vez superados os malentendidos e omisións, é unha moi boa noticia para
> os que estamos nesta lista, penso eu. Outra cousa é como coordenar
> esforzos, e como facer para que se vexa recoñecida a escura e paciente
> labor dos tradutores trásnicos (ou trasnenses).
>
> Por que o labor da administración galega a prol do SL fai-se na Consellaria
> de Inovación e Indústria?. Se cadra porque é parte da mesma a Dirección
> Xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información. Se cadra porque o
> conselleiro é do BNG, e o PSOE galego non está entusiasmado co SL, a
> diferenza do PSOE noutras partes e España. Eu desexaria que todas as
> consellarias apoiaran sen reservas o SL, mas en todo caso acho que a
> Consellaria de Inovación e Indústria non é mal sítio.
>
> A nível global o movimento de SL é unha mistura de voluntários e empresas.
> Eu non saberia cuantificar, mais unha boa parte dos desenvolvedores de SL
> están pagados por empresas, como IBM, RedHat, Novel, Mandriva, etc. Sen o
> seu apoio o movimento de SL seria unha sombra do que é. Na Galiza para que
> o SL triunfe vai ser tamén necesário a axuda de empresas. Outra cousa é que
> estas empresas deban acreditar no SL, e ademais que é necesário chegarmos a
> unha boa relación entre a parte empresarial e a parte comunitária.

Diches na clave, o crucial é que (na realidade actual, recoñezo non queda 
remedio) é preciso que as empresas axuden e participen. Pero é ben distinto a 
que se lles pague (só a algunhas) para que axuden e por outro lado sigan 
fomentando o software propietario no resto dos seus traballos.

Isto non tería pasado se houbera neutralidade na toma de decisións e a 
iniciativa fóra levada a cabo polos poderes públicos, coas suxerencias que 
fóran compatibeis en cada caso, pero sen inxerencias externas (e polo tanto 
interesadas) para decidir, por exemplo, que grupos ou asociacións deben ou 
non deben ter algo co que participar. E éste é o punto de partida que se 
tomou e eu coido se debe rexeitar.

>
> Por último, in my not so humble opinion,  para a reunión coa consellaria
> seria imprescindíbel estaren os coordenadores, ou algun representante, dos
> subproxectos GNOME, KDE e Mandriva. Pode estar mais xente, mais se ha MOITA
> MÁIS xente, o asunto pode converter-se nunha feira.

Eu apúntome, que imaxino hai moito que falar. Pero deixemos este tema xa para 
falar tranquilamente noutro lugar.

>
> Ramon Flores
> (http://ramonflores.br.tripod.com/)
> _______________________________________________
> Trasno mailing list
> tra...@ceu.fi.udc.es
> http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno
_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a