On 8/9/06, mvillarino <[email protected]> wrote:
O Mércores, 9 de Agosto de 2006 18:56, Leandro Regueiro escribiu:
> O de indentar vexoo máis complicado. No Microsoft Office úsase
> sangrar, ou polo menos sangrado téñoo visto. O que dis respecto a que
> usamos extruir e extruido é certo. Eu nunca oin o de extrudir. Pasa o
> mesmo con renderizar...
usaMOS ..... tu a que te adicas cando non estudas iso de sistemas, por simples
e morbosa curiosidade.....
é que extrusoras hai mais ben poucas (e valen unha pasta)
Vale, se aceitamos as máquinas de facer chourizos como extrusoras, hai un
güevo (son-no, pero non se consideran xeralmente como tal).
Nas clases de Tecnoloxía explicaronos como se facía para obter envases
de plástico mediante o método da extrusión, que máis ou menos era
cambiar a zorza polo plástico fundido...
Traduzo SL e durmo...
> Eu case optaría nestes casos por escoller a opción que usa a xente,
> porque parece que son palabras para as que ainda non hai unha
> tradución aceptada máis ou menos oficialmente e ir contra o que di a
> xente é de parvos, se total despois vai ser dese xeito como se diga...
Pasa algo similar con palabras mais comúns: Cal é o acto/efeito de cocer?
Pois é cocedura, non coczón/cocción. (cast: cochura, actualmente arcaísmo,
pero ainda moi usado se a persoa coa que falas traballa a mais de 1K°C.
No de renderizar está claro para min que dentro de 10 anos non ha ter sentido
prantexar o de traduci-lo: renderizar ha ser renderizar (obter unha imaxe a
partir da aplicación dun certo algoritmo a uns dados), o de sangrar/endentar
non o vexo tan claro de cal se ha impor, mira que hai xente como min que
somos moi burros, e iso de sangrar xa ten un sinificado grande e dominante:
deitar sangue.... e como estexas afeito a lé-lo en inglés, cagamo-la. Co de
renomear xa nen falemos, imos mudar o nome nos Que é isto e grazas, porque
hai mais espazo, que se non.....
Tu que dis, impreso ou imprimido?
Depende de como me pille, úsoos indistintamente. Ti es coma Cincenta,
ás sete desapareces ;-)
Ata logo,
Leandro Regueiro
Ui, as 7, até mañá.
--
Best Regards
MV
Public key available at www.keyserver.net
GPG Fingerprint: 8116 899E 61FD D983 AF80 FEDE 1CD8 1C9A 4B81 73AE
_______________________________________________
Trasno mailing list
[email protected]
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno