On 8/9/06, Jacobo Tarrio <jtar...@trasno.net> wrote:
El miércoles,  9 de agosto de 2006 a las 16:58:16 +0200, Leandro Regueiro 
escribía:

> >> format = formatar, formatear?
> > Formatar.
> No meu dicionario aparece formatear...

 Pois éche "formatar".

Poño que formatear non vale, logo...

> >> pattern
> > Patrón (e "template" tamén é "patrón").
> pattern = Patrón, estándar, tesela, mosaico. Sobra algún ¿non?

 É que depende do contexto. Cando me preguntan unha palabra tento dar
tódolos significados porque moitas veces depende (se a cada palabra nun
idioma lle correspondera sempre outra noutro idioma, isto había ser moito
máis doado).

Acabo de atopar no diccionario que tamén se pode traducir coma debuxo.
Supoño que se referirá ás teselas.

> >> reference
> > Referencia, ¿non?
> Coma verbo supoño que sería referirse a

 Pois si.

> >> rename
> > Cambiar o nome (non hai "renomear").
> No meu diccionario aparece renomear citando o seu uso na informática

 E co mal que soa...

Pero que ven queda traducir unha palabra con só outra palabra e non
cunha expresión de varias palabras...

> >> gradient
> > Gradiente.
> Traducindo o Inkscape vin que se usaba degradado. Confirmeino
> consultando a tradución do gimp.

 Pois tamén.

Poñemos só degradado, xa que é a que máis se usa?

> >> indent
> > Nun texto: sangrar. Derivado: sangría.
> Máis abaixo falaron de indentar. Eu prefiro sangrar, pero deixamos
> indentar coma opción alternativa? eu diría que non...

 É que "indentar" é un barbarismo. O correcto é "sangrar", en galego e en
castelán.

> >> render
> > Representar, debuxar.
> Preguntaba polo uso que se fai coma renderizar...

 Pois representar, debuxar... :-)

Eu teño moi implantado na cabeza o de renderizar....

> >> attribute
> > Atributo.
> máis abaixo citaban característica...

 "Atributo" é un termo habitual cando se fala de obxectos (obxectos en
Informática, non cousas físicas).

> >> trace
> > Trazar, calcar, seguir.
> delinear ou algo así non vale, ¿non?

> Tamén vale. Vecto que a partir dun mapa de bits extrae un camiño (path),
> ou sexa que vectoriza a imaxe. Poderiase usar vectorizar?

 Para iso en particular, si. Vectorizar unha imaxe de mapa de bits é
convertela nunha imaxe de vectores, así que si :)

> >> flip
> > Invertir, virar.
> será inverter...

 A partires de agora para min ha ser "invertar".

pois eu "invertor", non hai que esquecer a cuarta terminación de infinitivo...

> >> tile
> > Mosaico, azulexo.
> tesela podería valer, pero para o contexto no que aparece en Inkscape
> non me convence ningunha. Alí falan de clonar obxectos... Non sei como
> explicalo, podedes baixar o Inkscape e ir ó menú Editar -> Clonar ->
> Create tiled clones...

 Crear un mosaico de clons

Moitas gracias pola axuda.

> >> guideline
> > Guidelines: Liñas mestras, directivas, normativa, orientacións.
> non Inkscape hai unhas liñas que sacas das regras e serven para guiar
> ou algo así. Eu usei liñas de guía

 Liñas-guía

Creo que a opción que propos é mellor. Heino cambiar na tradución...

> >> highlight
> > Resaltar.
> e resalte tamén. Falaban de realzar, pero non caio en cal é o substantivo...

 Realce.

Poño as dúas opcións logo...

> >> plot = representar?
> > Debuxar, trazar.
> e representar non? "plot the sin(x) function"

 Tamén.

> >> publisher
> > Editor (dun libro)
> e se non é dun libro senon dun documento...

 Depende. O problema é se se confunde "editor" cun programa editor de textos
ou con quen o mecanografou.

 Realmente, o "publisher" dun libro é a editorial. O editor é "editor", que
non é o autor nin un mecanógrafo con outro nome, senon un empregado da
editorial que trata co autor (ou cos seus avogados).

Porque "publicador" non vale... arredemo, si que é dificil traducir isto...

> >> segment = sector
> > Segmento (de liña).
> No Inkscape tiven que usar sector, para os sectores coma os dos
> diagramas de sectores

 Ah, neste caso si.

Vouno poñer coma caso excepcional...

> extrude = extruir, extrudir. Extrusión si que existe, pero non sei cal
> é o verbo...

 Por iso non o puxen. Paréceme máis probable "extrudir".

Pode ser. Como é noutros idiomas?

Outra dúbida que me esqueceu poñer é path que traducin coma camiño.
Estamos falando dos path que se usan no Inkscape e Gimp e non desas
que son o "enderezo dun ficheiro". Se tedes algunha tradución mellor
dicideo.

E xa postos
post (postear) = publicar
_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a