Ola outra vez, vexo que debería ter posto nalgúns casos a opción que eu escollin para a tradución de Inkscape e noutros casos citar o contexto no que apareceu, ou se solicitaba a tradución coma verbo, coma nome ou ambolos dous.
On 8/9/06, Jacobo Tarrio <jtar...@trasno.net> wrote:
El miércoles, 9 de agosto de 2006 a las 13:39:20 +0200, Leandro Regueiro escribía: Omito as que non sei, as que están repetidas ou as que estean xa no glosario do Trasno. > format = formatar, formatear? Formatar.
No meu dicionario aparece formatear...
> zoom Aumentar ou ampliar.
Eu usei achegar e alonxar para zoom in e zoom out. No resto deixei zoom porque no diccionario di que zoom é un aparello que se usa para ampliar... Tamén se poderia usar ampliacion...
> pattern Patrón (e "template" tamén é "patrón").
pattern = Patrón, estándar, tesela, mosaico. Sobra algún ¿non?
> preview Previsualizar, previsualización. > reference Referencia, ¿non?
Coma verbo supoño que sería referirse a
> rename Cambiar o nome (non hai "renomear").
No meu diccionario aparece renomear citando o seu uso na informática
> gradient Gradiente.
Traducindo o Inkscape vin que se usaba degradado. Confirmeino consultando a tradución do gimp.
> palette Paleta (a dos pintores, non a dos albaneis). > resolution Resolución (de pantalla, de impresión). > indent Nun texto: sangrar. Derivado: sangría.
Máis abaixo falaron de indentar. Eu prefiro sangrar, pero deixamos indentar coma opción alternativa? eu diría que non...
> render Representar, debuxar.
Preguntaba polo uso que se fai coma renderizar...
> justify Xustificar (un texto). > fullscreen Pantalla completa. > metadata Metadatos (neoloxismo). > portrait Retrato > landscape Apaisado (orientación do papel) > clear Borrar, limpar, despexar.
e baleirar tamén
> attribute Atributo.
máis abaixo citaban característica...
> toggle Cambiar, conmutar.
alguén engadiu activar/desactivar
> trace Trazar, calcar, seguir.
delinear ou algo así non vale, ¿non? vino nunha parte de Inkscape na que a partir dun mapa de bits extrae un camiño (path), ou sexa que vectoriza a imaxe. Poderiase usar vectorizar?
> flip Invertir, virar.
será inverter...
> bitmap Mapa de bits. > canvas Lenzo. > scrollbar Barra de desprazamento > match Coma verbo: encaixar, coincidir, buscar. Coma nome: coincidencia, correspondencia.
citaban ocorrencia noutra mensaxe...
> tile Mosaico, azulexo.
tesela podería valer, pero para o contexto no que aparece en Inkscape non me convence ningunha. Alí falan de clonar obxectos... Non sei como explicalo, podedes baixar o Inkscape e ir ó menú Editar -> Clonar -> Create tiled clones...
> guideline Guidelines: Liñas mestras, directivas, normativa, orientacións.
non Inkscape hai unhas liñas que sacas das regras e serven para guiar ou algo así. Eu usei liñas de guía
> highlight Resaltar.
e resalte tamén. Falaban de realzar, pero non caio en cal é o substantivo...
> skew Inclinar. > regular Normal. > handles = os chismes estes que aparecen no lenzo ó redor dunha figura Asas.
Si, non se me ocorre nada mellor, agás tiradores para casos particulares nos que non valen as asas...
> plotter Plotter (é un tipo de impresora que se inventou para debuxar planos, e hoxe en día emprégase tamén para facer carteis e para recortar vinilo).
tamén falaba do que fai "plot", trazador poderia valer...
> plot = representar? Debuxar, trazar.
e representar non? "plot the sin(x) function"
> standalone = independiente? Independiente. > check = comprobar, marcar un cadro, verificar? Comprobar, marcar.
e sigo engadindo verificar...
> step??? paso, nivel? Paso.
alguen dixo etapa, que tamen me parece ben
> misc > miscellaneous Varios, variados.
e miscelánea que comentou alguén. Ainda me parece máis axeitado.
> publisher Editor (dun libro)
e se non é dun libro senon dun documento...
> clockwise Na dirección (¿no sentido?) das agullas do reloxo.
falaban de sentido horario e antihorario. No meu diccionario non veñen, pero supoño que poderemos estender o galego, que se ten que adaptar ós novos tempos...
> counterclokwise Na dirección (¿?) contraria á das agullas do reloxo. > frame = fotograma, marco, cadro?? Marco, fotograma. > display = visualización Pantalla, visualizar, visualización. > segment = sector Segmento (de liña).
No Inkscape tiven que usar sector, para os sectores coma os dos diagramas de sectores
> cue = sinal Si, emprégase no teatro, cine, TV e radio.
falaban da marca do punteiro cando cambia para seleccionar ou algo así. Non se me ocorre nada mellor. border = contorno, bordo deselect = deseleccionar extrude = extruir, extrudir. Extrusión si que existe, pero non sei cal é o verbo... grid = grella, reixa. Eu usei reixa... overlap = sobrepoñer, superpoñer row = fila, liña. Creo que poderíamos quedar só con fila scroll = desprazar?? scroll with the mouse. the scroll button of the mouse... set = establecer, configurar, axustar, marcar un cadro snap = axustar. Creo que non. Mellor pegarse, ou engancharse. Fala de cando unha ventá se snap a outra ou a un bordo da pantalla... switch = trocar, comutar, cambiar, mudar, interruptor template = Patrón, modelo tutorial = titorial Isto é todo por agora rapaces... Ata logo, Leandro Regueiro
_______________________________________________ Trasno mailing list tra...@ceu.fi.udc.es http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno