Eu decantaría por marca, mais que nada polo que din os do termigal.
Porque o de selo tamén me gusta.
**time stamp**
1. n.f. data e hora
2. n.m. cuño|carimbo|selo|indicación|marca de data e hora
3. n.m. selar|marcar|cuñar|carimbar a data e hora
4. n.m. marca de tempo
Que tal incluír tamén "marca de tempo"? tendo en conta que tempo inclue
data e hora.Saúdos
Remitente:
Daniel Muñiz Fontoira
Eu uso software libre [1]
[1]http://www.gnu.org/philosophy/free-sw.gl.html
mvillarino escribiu:
O Martes, 19 de Xuño de 2007 16:52, mvillarino escribiu:
Vale, perguntareille ao termigal xa que logo (a ver se non tardan dúas
semanas, como co dos cascos multimedia).
A resposta recebida foi:
Ola:
Estiven a revisar os glosarios das unidades empregadas na tradución ao
galego de Windows XP e Windows Vista, e o certo é que a empresa tradutora
non mantivo unha coherencia na traducióin do termo nestes produtos.
En Windows XP as formas maioritarias son "marcación de hora" para a
forma substantiva e "hora marcada" para o participio do verbo, aínda que
tamén se empregaron "selo de data/hora" para o substantivo e
"carimbado" para o participio.
Ademais, conviven tamén outras formas, como "data e hora", "data" e
"hora", segundo os contextos. En Windows Vista tamén empregan estas formas
indistintamente.
Dado que non hai unha forma única utilizada, non podemos recomendar o
emprego dunha por razóns de uso ou coherencia, polo que soamente podemos
achegar comentarios ao respecto:
Coincidimos na preferencia por "data e hora" (nos contextos axeitados), xa
que realmente isto é o que se está a indicar. As formas baseadas en
"selo", "carimbo" ou mesmo "cuño" (+ "data e hora") responden a un uso
metafórico (e innecesario) das impresións que deixan no papel estes
utensilios, polo que na nosa opinión non son as máis acertadas no ámbito
da informática.
As formas con "marca" e "marcación" (+ "data e hora") veñen especificar un
uso concreto desa data e hora, cunha grafía e formato concretos (por
exemplo, HH:MM:SS:FF [onde H é hora, M é minuto, S é segundo e F é
frame]), polo que sería a nosa seguinte preferencia. En castelán, as
directrices de Microsoft recomendan empregar "marca de fecha y hora",
aínda que teño entendido que para Windows Vista a recomendación cambia a
"marca de hora". Habería que comprobar se se está a referir a datas e
horas ou unicamente a horas.
En canto ás formas verbais, de empregar "data e hora" para o substantivo,
podería utilizarse "cuñar data e hora", como suxerías, ou mesmo unha forma
máis xenérica, como "indicar data e hora". Por suposto, habería que mirar
máis contextos para comprobar que este verbo funcione en todos os
contextos.
Por último, no caso de empregar "marca de data e hora", a forma verbal
debería ser coherente coa substantiva: marcar data e hora.
Un saúdo,
Inés Veiga
TERMIGAL
Xa que logo, podería propor para o glosario o seguinte:
**time stamp**
1. n.f. data e hora
2. n.m. cuño|carimbo|selo|indicación|marca de data e hora
3. n.m. selar|marcar|cuñar|carimbar a data e hora
"Timestamp" pode referirse a un código de tempo ou a unha sinatura
dixital de tempo mediante a cal o asinante acredita a existencia do
documento asinado ou o seu contido no momento indicado como parte da
sinatura dixital.
En outras ocasións reférese á "hora Unix", o número de segúndos
transcorridos desde UTC 19700101 00:00:00
Queda basicamente por escoller entre cuño|selo|carimbo|indicación|marca|etc.