O Martes, 19 de Xuño de 2007 16:52, mvillarino escribiu:
> Vale, perguntareille ao termigal xa que logo (a ver se non tardan dúas
> semanas, como co dos cascos multimedia).

A resposta recebida foi:

> Ola:
>
> Estiven a revisar os glosarios das unidades empregadas na tradución ao
> galego de Windows XP e Windows Vista, e o certo é que a empresa tradutora
> non mantivo unha coherencia na traducióin do termo nestes produtos.
>
> En Windows XP as formas maioritarias son "marcación de hora" para a
> forma substantiva e "hora marcada" para o participio do verbo, aínda que
> tamén se empregaron "selo de data/hora" para o substantivo e
> "carimbado" para o participio.
>
> Ademais, conviven tamén outras formas, como "data e hora", "data" e
> "hora", segundo os contextos. En Windows Vista tamén empregan estas formas
> indistintamente.
>
> Dado que non hai unha forma única utilizada, non podemos recomendar o
> emprego dunha por razóns de uso ou coherencia, polo que soamente podemos
> achegar comentarios ao respecto:
>
> Coincidimos na preferencia por "data e hora" (nos contextos axeitados), xa
> que realmente isto é o que se está a indicar. As formas baseadas en
> "selo", "carimbo" ou mesmo "cuño" (+ "data e hora") responden a un uso
> metafórico (e innecesario) das impresións que deixan no papel estes
> utensilios, polo que na nosa opinión non son as máis acertadas no ámbito
> da informática.
>
> As formas con "marca" e "marcación" (+ "data e hora") veñen especificar un
> uso concreto desa data e hora, cunha grafía e formato concretos (por
> exemplo, HH:MM:SS:FF [onde H é hora, M é minuto, S é segundo e F é
> frame]), polo que sería a nosa seguinte preferencia. En castelán, as
> directrices de Microsoft recomendan empregar "marca de fecha y hora",
> aínda que teño entendido que para Windows Vista a recomendación cambia a
> "marca de hora". Habería que comprobar se se está a referir a datas e
> horas ou unicamente a horas.
>
> En canto ás formas verbais, de empregar "data e hora" para o substantivo,
> podería utilizarse "cuñar data e hora", como suxerías, ou mesmo unha forma
> máis xenérica, como "indicar data e hora". Por suposto, habería que mirar
> máis contextos para comprobar que este verbo funcione en todos os
> contextos.
> Por último, no caso de empregar "marca de data e hora", a forma verbal
> debería ser coherente coa substantiva: marcar data e hora.
>
>
> Un saúdo,
>
> Inés Veiga
>
> TERMIGAL

Xa que logo, podería propor para o glosario o seguinte:

  **time stamp**
  1. n.f. data e hora
  2. n.m. cuño|carimbo|selo|indicación|marca de data e hora
  3. n.m. selar|marcar|cuñar|carimbar a data e hora

      "Timestamp" pode referirse a un código de tempo ou a unha sinatura
      dixital de tempo mediante a cal o asinante acredita a existencia do
      documento asinado ou o seu contido no momento indicado como parte da
      sinatura dixital.
      En outras ocasións reférese á "hora Unix", o número de segúndos
      transcorridos desde UTC 19700101 00:00:00

Queda basicamente por escoller entre cuño|selo|carimbo|indicación|marca|etc.
-- 
Best regards
MV
><((((º> ¸.·´¯`·... ><((((º> ¸.·´¯`·...¸ ><((((º> ¸.·´¯`·...¸ ><((((º>
Public key available at www.keyserver.net
GPG Fingerprint: 8116 899E 61FD D983 AF80 FEDE 1CD8 1C9A 4B81 73AE

Attachment: pgpqputfZ3IjV.pgp
Description: PGP signature

Responderlle a