Leandro, por se non atopas a tradución túa da GPLv2, en Mancomún pagamos por unha tradución xurada da mesma.

Está dispoñible aquí http://www.mancomun.org/GPL2_GL/gpl2_gl.txt (tamén en rtf e en pdf). Na web da Free Software Foundation hay unha ligazón á mesma http://www.gnu.org/licenses/old-licenses/gpl-2.0-translations.html

Saúdos

    Mar Castro


Estupenda noticia.

Eu resolvín o tema do disclaimer fai uns aniños xa, pero desistín por
que a resposta que recibín semellaba máis a dun can defendendo o seu
territorio que a dun voluntario do software libre tentando traballar en
común. Cónstame que non fun o único que desistiu de involucrarse no
proxecto por ise motivo; así que a nova só pode alegrarme. A ver se
desta vai.
Cómo teño que facer? A última vez que entrei na páxina non había
información ningunha, e o único cambio que había era que en troques dos
históricos (tarrío, susana e tal) estaba Tsao e como vía de contacto a
lista esa da udc que nunca funciona. Algunha ligazón útil en plan rtfm?

Saúdos,

Leandro Regueiro escrebeu:
Por certo Tsao, vouche buscar a miña tradución da GPL 2 a ver se ainda
a teño por aquí, en canto remate ca suba dos ficheiros de openSuse que
me están dando guerra.

Ata logo,
                  Leandro Regueiro

2008/4/21 Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>:
OK, tamén verei de enviar o translation disclaimer. Terei que ir
 preguntar por ai como se fai para enviar un correo fisico, haivos
 moitos aniños que non envio ningún :)

 Ata logo,
               Leandro Regueiro



 On Mon, Apr 21, 2008 at 2:24 AM, Francisco J. Tsao Santin
 <t...@members.fsf.org> wrote:
 > Ola xente!
 >  Preséntome. Son Francisco Tsao, algúns coñecédesme do GPUL. Despois dun
 >  breve lapso dunhas semás, e cun cruce de correos con Benno Schulenberg,
 >  o equipo galego do Translation Project está a funcionar de novo. Polo de
 >  agora estou eu só, coa intención de mante-la tradución do GNU nano, e ir
 >  acadando novos paquetes mais adiante.
 >
 >  Se algún quere unirse o grupo, que o diga por aquí, ou, se xa sabe o
 >  procedimento...
 >
 >  Saúdos,
 >  Tsao
 >  P.S. Leandro, en canto teña unha resposta para o teu, xa o comento
 >  tamén ;-)
 >  --
 >  Francisco J. Tsao Santín
 >  http://tsao.enelparaiso.org
 >  1024D/71CF4D62  42 F1 53 35 EF 98 98 8A FC 6C 56 B3 4C A7 7D FB
 >
 >
 >  --
 >  To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.
 >



Responderlle a