Leandro Regueiro escribiu:
2008/4/24 damufo <dam...@gmail.com>:

 Leandro Regueiro escribiu:


Non sei que experiencias tivestes vós. Eu cando quixen entrar no TP o
proxecto estaba medio morto (non só por parte de Jacobo creo eu) e ó
ver que iso ía tardar pois pasei. Eu sonvos desa clase de xente que
traduce cando lle da a arroutada e se non podo traducir no momento as
ganas pásanseme. Ultimamente reactiveime debido a que unha persoa
mostrou a súa consideración respecto ó noso traballo de voluntarios
enviándonos un pendrive de balde a varios de Trasno. Iso si que
levanta a moral. Agora que o lembro volvéronme as ganas de me volver
poñer ca tradución de openSUSE :)

Por certo, habíalles que propoñer ós do TP que dividan a lista de
tradución en dúas diferentes: a das traducións que precisan o
disclaimer e a das que non o necesitan.


 que é o disclaimer?

No Translation Project pódense traducir dous tipos de ficheiros .po os
que precisan unha renuncia dos teus dereitos sobre a tradución que fas
en favor da Free Sofware Foundation e aqueles .po que non. O
translation disclaimer é ese papel que tes que enviar cuberto e
asinado por ti á Free Software Foundation renunciando ós teus dereitos
sobre esas traducións. Normalmente isto aplícase a software do
proxecto GNU, ou sexa, software que desenvolve e controla directamente
a FSF.

Se non o entendiches é un papeliño no que lle das os teus dereitos
sobre a tradución á FSF, igual que un desenvolvedor fai ó liberar
código fonte ca GPL, de xeito que ninguén poida reclamar ningún
dereito sobre ese software.


Moitas grazas Leandro, totalmente aclarado.

Ata logo,
                Leandro Regueiro

Responderlle a