On Wed, Apr 23, 2008 at 03:43:50PM +0200, suso.bale...@xunta.es wrote:
> Traballar nesto como máis cómodo se sinta un non presupón o direito a
> incomodar aos demais até o ponto de inhibir a súa partipación;
> básicamente por que iso na práctica significa fechar o proxecto ou 
> apropriarse del. 

Creo que "que cada un faga o seu traballo sen incordiar ós demais" non é 
incomodar, nin disuadir de que os demais collan a súa porción de 
traballo. Dende logo, a mi me molestaría que alguén se metera nuna 
traducción que estou facendo eu, porque cada un ten o seu estilo, e unha 
das cousas que se esixe ó tratar un mesmo .po é a consistencia. Por 
outra banda, hai uns 160 paquetes no TP, a maioría sen traducir unha 
liña ¿algunha vez alguén te impediu coller un deses e traballar nel?

> 
> Iso foi o que sucedeu no TP e a consecuéncia quedou á vista: morte por
> inanición. O único que eu digo é que agora temos unha boa oportunidade
> para  evitar cometer os mesmos erros.

Non, o que sucedeu no TP é algo sinxelo: a xente ven, a xente se vai, e 
ás veces, non hai relevo xeneracional. Esta a pasar non só coa 
traducción, senon cos propios lugs, e, en xeral, con calqueira 
organización de voluntarios.

> 
> > Esto é un proxecto de software libre, e, polo menos para min, os temas 
> > sociais son secundarios.
> > 
> 
> Tamén os da OSI (opensource.org) consideran que os temas sociais son
> secundários, por iso as cuestións éticas pasan a un segundo plano. É unha
> aproximación tecnocrática a isto do software libre que respeito, mais eu
> prefiro o enfoque ético -e por tanto social- da FSF.

Non confundas o tema social co tema ético. Cando eu falo do social, 
quero decir que porque estemos a traballar nun mesmo proxecto de 
software libre non temos por que ir de cubatas xuntos, nin sequera temos 
por que caernos ben. Simplemente, cada un fai a súa función no proxecto. 

Sobre o tema ético, creo que o que mire a dirección coa que escribo non 
terá dudas sobre o que penso.

-- 
Francisco J. Tsao Santín
http://tsao.enelparaiso.org
1024D/71CF4D62  42 F1 53 35 EF 98 98 8A FC 6C 56 B3 4C A7 7D FB

Responderlle a