Non sei que experiencias tivestes vós. Eu cando quixen entrar no TP o
proxecto estaba medio morto (non só por parte de Jacobo creo eu) e ó
ver que iso ía tardar pois pasei. Eu sonvos desa clase de xente que
traduce cando lle da a arroutada e se non podo traducir no momento as
ganas pásanseme. Ultimamente reactiveime debido a que unha persoa
mostrou a súa consideración respecto ó noso traballo de voluntarios
enviándonos un pendrive de balde a varios de Trasno. Iso si que
levanta a moral. Agora que o lembro volvéronme as ganas de me volver
poñer ca tradución de openSUSE :)

Por certo, habíalles que propoñer ós do TP que dividan a lista de
tradución en dúas diferentes: a das traducións que precisan o
disclaimer e a das que non o necesitan.

Ata logo,
                Leandro Regueiro

2008/4/23 Francisco J. Tsao Santin <t...@members.fsf.org>:
> On Wed, Apr 23, 2008 at 03:43:50PM +0200, suso.bale...@xunta.es wrote:
>  > Traballar nesto como máis cómodo se sinta un non presupón o direito a
>  > incomodar aos demais até o ponto de inhibir a súa partipación;
>  > básicamente por que iso na práctica significa fechar o proxecto ou
>  > apropriarse del.
>
>  Creo que "que cada un faga o seu traballo sen incordiar ós demais" non é
>  incomodar, nin disuadir de que os demais collan a súa porción de
>  traballo. Dende logo, a mi me molestaría que alguén se metera nuna
>  traducción que estou facendo eu, porque cada un ten o seu estilo, e unha
>  das cousas que se esixe ó tratar un mesmo .po é a consistencia. Por
>  outra banda, hai uns 160 paquetes no TP, a maioría sen traducir unha
>  liña ¿algunha vez alguén te impediu coller un deses e traballar nel?
>
>
>  >
>  > Iso foi o que sucedeu no TP e a consecuéncia quedou á vista: morte por
>  > inanición. O único que eu digo é que agora temos unha boa oportunidade
>  > para  evitar cometer os mesmos erros.
>
>  Non, o que sucedeu no TP é algo sinxelo: a xente ven, a xente se vai, e
>  ás veces, non hai relevo xeneracional. Esta a pasar non só coa
>  traducción, senon cos propios lugs, e, en xeral, con calqueira
>  organización de voluntarios.
>
>
>  >
>  > > Esto é un proxecto de software libre, e, polo menos para min, os temas
>  > > sociais son secundarios.
>  > >
>  >
>  > Tamén os da OSI (opensource.org) consideran que os temas sociais son
>  > secundários, por iso as cuestións éticas pasan a un segundo plano. É unha
>  > aproximación tecnocrática a isto do software libre que respeito, mais eu
>  > prefiro o enfoque ético -e por tanto social- da FSF.
>
>  Non confundas o tema social co tema ético. Cando eu falo do social,
>  quero decir que porque estemos a traballar nun mesmo proxecto de
>  software libre non temos por que ir de cubatas xuntos, nin sequera temos
>  por que caernos ben. Simplemente, cada un fai a súa función no proxecto.
>
>  Sobre o tema ético, creo que o que mire a dirección coa que escribo non
>  terá dudas sobre o que penso.
>
>  --
>  Francisco J. Tsao Santín
>  http://tsao.enelparaiso.org
>  1024D/71CF4D62  42 F1 53 35 EF 98 98 8A FC 6C 56 B3 4C A7 7D FB
>
>
>
>
>  --
>  To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.
>

Responderlle a