Leandro Regueiro escribiu:
Non sei que experiencias tivestes vós. Eu cando quixen entrar no TP o proxecto estaba medio morto (non só por parte de Jacobo creo eu) e ó ver que iso ía tardar pois pasei. Eu sonvos desa clase de xente que traduce cando lle da a arroutada e se non podo traducir no momento as ganas pásanseme. Ultimamente reactiveime debido a que unha persoa mostrou a súa consideración respecto ó noso traballo de voluntarios enviándonos un pendrive de balde a varios de Trasno. Iso si que levanta a moral. Agora que o lembro volvéronme as ganas de me volver poñer ca tradución de openSUSE :) Por certo, habíalles que propoñer ós do TP que dividan a lista de tradución en dúas diferentes: a das traducións que precisan o disclaimer e a das que non o necesitan.
que é o disclaimer?
Ata logo, Leandro Regueiro 2008/4/23 Francisco J. Tsao Santin <[email protected]>:On Wed, Apr 23, 2008 at 03:43:50PM +0200, [email protected] wrote: > Traballar nesto como máis cómodo se sinta un non presupón o direito a > incomodar aos demais até o ponto de inhibir a súa partipación; > básicamente por que iso na práctica significa fechar o proxecto ou > apropriarse del. Creo que "que cada un faga o seu traballo sen incordiar ós demais" non é incomodar, nin disuadir de que os demais collan a súa porción de traballo. Dende logo, a mi me molestaría que alguén se metera nuna traducción que estou facendo eu, porque cada un ten o seu estilo, e unha das cousas que se esixe ó tratar un mesmo .po é a consistencia. Por outra banda, hai uns 160 paquetes no TP, a maioría sen traducir unha liña ¿algunha vez alguén te impediu coller un deses e traballar nel? > > Iso foi o que sucedeu no TP e a consecuéncia quedou á vista: morte por > inanición. O único que eu digo é que agora temos unha boa oportunidade > para evitar cometer os mesmos erros. Non, o que sucedeu no TP é algo sinxelo: a xente ven, a xente se vai, e ás veces, non hai relevo xeneracional. Esta a pasar non só coa traducción, senon cos propios lugs, e, en xeral, con calqueira organización de voluntarios. > > > Esto é un proxecto de software libre, e, polo menos para min, os temas > > sociais son secundarios. > > > > Tamén os da OSI (opensource.org) consideran que os temas sociais son > secundários, por iso as cuestións éticas pasan a un segundo plano. É unha > aproximación tecnocrática a isto do software libre que respeito, mais eu > prefiro o enfoque ético -e por tanto social- da FSF. Non confundas o tema social co tema ético. Cando eu falo do social, quero decir que porque estemos a traballar nun mesmo proxecto de software libre non temos por que ir de cubatas xuntos, nin sequera temos por que caernos ben. Simplemente, cada un fai a súa función no proxecto. Sobre o tema ético, creo que o que mire a dirección coa que escribo non terá dudas sobre o que penso. -- Francisco J. Tsao Santín http://tsao.enelparaiso.org 1024D/71CF4D62 42 F1 53 35 EF 98 98 8A FC 6C 56 B3 4C A7 7D FB -- To unsubscribe, send mail to [email protected].

