On Mon, Apr 21, 2008 at 03:31:53PM +0200, [email protected] wrote: > Eu resolvín o tema do disclaimer fai uns aniños xa, pero desistín por > que a resposta que recibín semellaba máis a dun can defendendo o seu > territorio que a dun voluntario do software libre tentando traballar en > común. Cónstame que non fun o único que desistiu de involucrarse no > proxecto por ise motivo; así que a nova só pode alegrarme. A ver se > desta vai.
Supoño que te estás a referir a Jacobo Tarrío. Non quero voltar a inicia-lo debate, para defender ó meu colega, entre outras cosas, porque se defende el sen ningún problema. O único que digo, é que con respostas mellores ou peores, cada un traballa nesto como máis cómodo se sinte. Esto é un proxecto de software libre, e, polo menos para min, os temas sociais son secundarios. Todos sabemos a que persoas se lles debe as traduccións que hai, así que non creo que haxa máis que dicir sobre esto. > > Cómo teño que facer? A última vez que entrei na páxina non había > información ningunha, e o único cambio que había era que en troques dos > históricos (tarrío, susana e tal) estaba Tsao e como vía de contacto a > lista esa da udc que nunca funciona. Algunha ligazón útil en plan rtfm? As instruccións no cambiaron moito: http://translationproject.org/html/translators.html A dirección da lista espero que sexa cambiada en breve, e que apuntará a esta mesma lista. -- Francisco J. Tsao Santín http://tsao.enelparaiso.org 1024D/71CF4D62 42 F1 53 35 EF 98 98 8A FC 6C 56 B3 4C A7 7D FB

