Francisco J. Tsao Santin escrebeu: > On Mon, Apr 21, 2008 at 03:31:53PM +0200, [email protected] wrote: > > O único que digo, é que con respostas mellores ou peores, cada un > traballa nesto como máis cómodo se sinte.
Traballar nesto como máis cómodo se sinta un non presupón o direito a incomodar aos demais até o ponto de inhibir a súa partipación; básicamente por que iso na práctica significa fechar o proxecto ou apropriarse del. Iso foi o que sucedeu no TP e a consecuéncia quedou á vista: morte por inanición. O único que eu digo é que agora temos unha boa oportunidade para evitar cometer os mesmos erros. > Esto é un proxecto de software libre, e, polo menos para min, os temas > sociais son secundarios. > Tamén os da OSI (opensource.org) consideran que os temas sociais son secundários, por iso as cuestións éticas pasan a un segundo plano. É unha aproximación tecnocrática a isto do software libre que respeito, mais eu prefiro o enfoque ético -e por tanto social- da FSF. Para min, como para moita xente, o valor engadido do software libre radica no seu potencial como ferramenta de transformación social. Iso explica, entre outras cousas, que apt-get install anarchism sexa un comando válido nas distros baseadas en Debian. Non sei si me explico, pero tanto ten. Tempo haberá nos próximos anos de ir aproximando posturas ao respeito. Saúde,

