Francisco J. Tsao Santin escrebeu:
> On Mon, Apr 21, 2008 at 03:31:53PM +0200, suso.bale...@xunta.es wrote:
> > Eu resolvín o tema do disclaimer fai uns aniños xa, pero desistín por
> > que a resposta que recibín semellaba máis a dun can defendendo o seu
> > territorio que a dun voluntario do software libre tentando traballar en
> > común. Cónstame que non fun o único que desistiu de involucrarse no
> > proxecto por ise motivo; así que a nova só pode alegrarme. A ver se
> > desta vai. 
> 
> Supoño que te estás a referir a Jacobo Tarrío.

Pois non. Non estaba a referirme a Jacobo Tarrío.

Tres.... Dous... Un.. Cero.

Vaia. 

Acabas de te decatar de que meteche a zoca até o fondo montando un flame
sen motivo, insultándome sen vir a conto e soltando unha extravagancia
sobre o estado da lista de localización de Debian ao galego bastante mal
documentado. E todo para deixarnos claro que eres colega do Tarrío e que
tes conta na FSF. Estamos abrumados. Supoño que agora sería o momento
en que nos contarías que RMS tamén durmiu na túa casa.

En fin.

Benvido á lista de Trasno home. Que teñas moita sorte coa coordenación
do Translation Project, e se precisas axuda, pídea. Iso sí: procura
respeitar ao resto da xente que anda por eiquí e a próxima vez que te
dispoñas a enviar un correo incendiario insultando a alguén, procura
sentarte, respirar e pensalo dúas veces. Mais que nada para non facernos
perder o tempo.

Sorte e ánimos coa coordenación do TP. Como sigas metendo a pata coa
xente desta maneira vaiche facer falta ;-)

Saúde,

-- 
Xesús Manuel Benítez Baleato                Coordenador de mancomun.org        
Consellaría de Innovación e Industria                  Xunta de Galicia 
Praza de Europa, nº 15 - A, 6ºC 15707   Santiago de Compostela (Galiza)
(0034) 638035310 Ext: 343820/ Fax: 881999113  <suso.baleato @ xunta.es>

Responderlle a