Home, se hai ofendidos por iso, por sticks que non quede. En Mancomún fixemos unha edición limitada de sticks Kingston de 1GB co logo. Polo menos problemas de controlador non teñen e se lles metes un SO arrancan perfectamente (probei con Debian e Gentoo). Kingston é unha marca bastante boa según teño entendido.
Aínda queda algún, e non teño problema en reservalos para os que se sentiran ofendidos se iso soluciona algo. Doullos a Teo ou a Marce e xa repartides vós, ou lévoos ao g11n ou como queirades. A fin de contas a idea era a mesma, como detalle de agradecemento. Saúdos, mvillarino escrebeu: > O Xoves, 24 de Abril de 2008, Leandro Regueiro escribiu: > > Ultimamente reactiveime debido a que unha persoa > > mostrou a súa consideración respecto ó noso traballo de voluntarios > > enviándonos un pendrive de balde a varios de Trasno. > > A todos aqueles que NON recebiron un lápis usb de parte do ex-Galinux: > > Fun eu, marce villarino aguiar, quen decidiu a lista de beneficiarios do > agasallo de Teo. As culpas son miñas de quen se sinta danificado ou > menosprezado por ter sido excluido da escolla. > > O criterio escollido foi o de presenza activa na lista e en menor medida nas > traducións, por que non tiven ocasión de consultar a fondo (non hai un sitio > onde ver quen e canto está a traducir entre que datas). > > > Iso si que levanta a moral. > > E non pouco > > -- > Best regards > MV -- Xesús Manuel Benítez Baleato Coordenador de mancomun.org Consellaría de Innovación e Industria Xunta de Galicia Praza de Europa, nº 15 - A, 6ºC 15707 Santiago de Compostela (Galiza) (0034) 638035310 Ext: 343820/ Fax: 881999113 <suso.baleato @ xunta.es>

