mvillarino escribiu:
O Xoves, 24 de Abril de 2008, Leandro Regueiro escribiu:
Ultimamente reactiveime debido a que unha persoa
mostrou a súa consideración respecto ó noso traballo de voluntarios
enviándonos un pendrive de balde a varios de Trasno.
A todos aqueles que NON recebiron un lápis usb de parte do ex-Galinux:
Fun eu, marce villarino aguiar, quen decidiu a lista de beneficiarios do
agasallo de Teo. As culpas son miñas de quen se sinta danificado ou
menosprezado por ter sido excluido da escolla.
O criterio escollido foi o de presenza activa na lista e en menor medida nas
traducións, por que non tiven ocasión de consultar a fondo (non hai un sitio
onde ver quen e canto está a traducir entre que datas).
Iso si que levanta a moral.
E non pouco
A verdade é que si.
E a proposito do que comentas. Ao mellor digo unha burrada pero aló vai.
Ao mellor sería bo comentalo na xuntanza do 10-11 de maio, ter un lugar
(sitio) onde centralizar todas as traducións e o que cada un traduce.
Isto sería bo non só para saber o que un traduce senon para ter un lugar
onde o que non estea algo é que non existe.
Saúdos