Ramón Flores e máis eu creo que fomos os que propuxemos o da asociación. Agora non teño moito tempo pero avanzo o que eu entendo qué podería/deberí a ser:
1. Unha asociación de voluntarios sen ánimo de lucro tal que: 2. permita ter localizada e comunicada a toda a xente que colabora na tradución de software (libre) ó galego 3. tivera un 'portal' que represente a todos cantos proxectos independentes poida haber (trasno/ciberirmandade/independentes enlazados dende un único sitio común a todos) sen necesidade de que estes desaparezan e ofreza recursos necesarios para todos (glosarios...) 4. informase de onde se pode traducir que proxectos (ie. KDE, vaite a trasno; php, vaite e fala cos de ciberirmandade and so on) e que se necesita para facelo 5. marcase unha guia de consenso (ORIENTATIVA e non IMPERATIVA) de como traducir e con que estilo 6 servira de ponte entre a administración e a comunidade e os señores do governo (recordade 'poñamos se queremos pagar unha tradución de KDE?, con quen temos que falar' > Albert Casals e mais eu dixemos; contrata a quen queiras pero ese quen quieras é un soldado raso dentro do proxecto que xa existe. Se o fas doutra maneira matas a comunidade que existe arredor de cada proxecto e a tradución será útil mentras sigas pagando) 7. se pringara e dera charlas/simposium de que facemose e para qué 8. e ensine como (á nova xente que chega á comunidade; que creo que o cuarto punto o que Suso se refire) 9. e sirva como escusa para facer unha cea coma Deus manda unha ou dúas veces o ano ;) On Monday 12 May 2008 13:44:04 Leandro Regueiro wrote: > Ola, > envío esta mensaxe para comezar o fío referente ó tema de cumprir os > nosos obxectivos coma comunidade marcados na xuntanza G11n. Houbo quen > falou de facer unha asociación. Haberá que discutir se isto nos ha > valer para algo máis que para recibir subvencións que poderian servir > para pagar un servidor, o dominio, e non sei que cousas mais... > > Pego embaixo os obxectivos destacados no último documento remitido por > Susos Baleato: > > 1. Traducir, coordenar localización de proxectos de software libre > (agás os chungos) > 2. Autoorganizarse, visibilizarse > 3. Para terminoloxía: empregar 'consenso interno asesorado', > incorporándose aos recursos como lista USC-lex, servizo terminoloxia > 4. Formación: transferencia > > Ben, o primiero punto xa o levamos facendo anos. Por aí non hai problema. > > O segundo punto son dous, penso eu. O de autoorganizarse seria o > referente á asociación ou algunha outra cousa? O de visibilizarse > penso eu que inclúe facernos visibles e buscar novos tradutores ou a > tradutores actuais que estean illados. > > O da terminoloxia xa o facemos. Fainos falta incorporarnos > individualmente a eses novos recursos, e que algúns de nós fagan de > ponte entre os dous proxectos. Alguén ten os enderezos das listas e > mailas páxinas?? > > Cuarto punto. Non teño nin idea de a que se refire Suso con isto. Algunha > idea?? > > Ata logo, > Leandro Regueiro

