Resposta a Miguel Branco embaixo:

2008/5/12 Miguel Branco <bandu...@gmail.com>:
> Ramón Flores e máis eu creo que fomos os que propuxemos o da asociación.
> Agora non teño moito tempo pero avanzo o que eu entendo qué podería/debería
> ser:
>
> 1. Unha asociación de voluntarios sen ánimo de lucro tal que:

Si. Ainda que se falara da posibilidade de integrarse noutra
asociación para aforrar papeleo e todo. As ideas de asociación que
propós embaixo de converter a Trasno na asociación que coordine todo
non o vexo. Ademais Mancomun propuxerase coma nexo central no G11n.

> 2. permita ter localizada e comunicada a toda a xente que colabora na
> tradución de software (libre) ó galego

Isto xa o facemos.

> 3. tivera un 'portal' que represente a todos cantos proxectos independentes
> poida haber (trasno/ciberirmandade/independentes enlazados dende un único
> sitio común a todos) sen necesidade de que estes desaparezan e ofreza
> recursos necesarios para todos (glosarios...)

Si, pero o dos recursos e iso falarase de centralizalo en mancomun
tendo sempre a posibilidade de backup comunitario (BC para abreviar).
Se son ligazóns non haberia problema penso eu. Pero serian ligazóns a
Mancomun...

> 4. informase de onde se pode traducir que proxectos (ie. KDE, vaite a
> trasno; php, vaite e fala cos de ciberirmandade and so on) e que se necesita
> para facelo

Isto é o directorio ou lista de proxectos de tradución que eu
propuxera que elaborara Mancomun para que non nos pisaramos o traballo
e tamén para facer un seguimento da actividade das traducións. Pero
estaria en Mancomun, ainda que ca posibilidade do BC.

> 5. marcase unha guia de consenso (ORIENTATIVA e non IMPERATIVA) de como
> traducir e con que estilo

Isto hai que facelo entre todos nós: voluntarios, empresas e mancomun...

> 6 servira de ponte entre a administración e a comunidade e os señores do
> governo (recordade 'poñamos se queremos pagar unha tradución de KDE?, con
> quen temos que falar' > Albert Casals e mais eu dixemos; contrata a quen
> queiras pero ese quen quieras é un soldado raso dentro do proxecto que xa
> existe. Se o fas doutra maneira matas a comunidade que existe arredor de
> cada proxecto e a tradución será útil mentras sigas pagando)

Astals, Albert Astals. Para isto pode...

> 7. se pringara e dera charlas/simposium de que facemose e para qué

Si, ainda que isto tamén o poderiamos facer xa.

> 8. e ensine como (á nova xente que chega á comunidade; que creo que o cuarto
> punto o que Suso se refire)

Formación de novos tradutores. Nisto tamén deberia meterse mancomun,
ainda que nos tamén...

> 9. e sirva como escusa para facer unha cea coma Deus manda unha ou dúas
> veces o ano ;)

Mais ben ha ser unha. Penso que debería haber reunións periodicas
ainda que só sexa para falar do tempo :)

Ata logo,
                  Leandro Regueiro

Responderlle a