Ola,
envío esta mensaxe para comezar o fío referente ó tema de cumprir os
nosos obxectivos coma comunidade marcados na xuntanza G11n. Houbo quen
falou de facer unha asociación. Haberá que discutir se isto nos ha
valer para algo máis que para recibir subvencións que poderian servir
para pagar un servidor, o dominio, e non sei que cousas mais...

Pego embaixo os obxectivos destacados no último documento remitido por
Susos Baleato:

1. Traducir, coordenar localización de proxectos de software libre
(agás os chungos)
2. Autoorganizarse, visibilizarse
3. Para terminoloxía: empregar 'consenso interno asesorado',
incorporándose aos recursos como lista USC-lex, servizo terminoloxia
4. Formación: transferencia

Ben, o primiero punto xa o levamos facendo anos. Por aí non hai problema.

O segundo punto son dous, penso eu. O de autoorganizarse seria o
referente á asociación ou algunha outra cousa? O de visibilizarse
penso eu que inclúe facernos visibles e buscar novos tradutores ou a
tradutores actuais que estean illados.

O da terminoloxia xa o facemos. Fainos falta incorporarnos
individualmente a eses novos recursos, e que algúns de nós fagan de
ponte entre os dous proxectos. Alguén ten os enderezos das listas e
mailas páxinas??

Cuarto punto. Non teño nin idea de a que se refire Suso con isto. Algunha idea??

Ata logo,
                  Leandro Regueiro

Responderlle a