Miguel Branco escribiu:
On Monday 12 May 2008 15:38:56 Leandro Regueiro wrote:

 > Resposta a Miguel Branco embaixo:

 >

 > 2008/5/12 Miguel Branco <bandu...@gmail.com>:

> > Ramón Flores e máis eu creo que fomos os que propuxemos o da asociación.

 > > Agora non teño moito tempo pero avanzo o que eu entendo qué

 > > podería/debería ser:

 > >

 > > 1. Unha asociación de voluntarios sen ánimo de lucro tal que:

 >

 > Si. Ainda que se falara da posibilidade de integrarse noutra

 > asociación para aforrar papeleo e todo. As ideas de asociación que

 > propós embaixo de converter a Trasno na asociación que coordine todo

 > non o vexo. Ademais Mancomun propuxerase coma nexo central no G11n.

Non sei exactamente a cales (asociacións), a verdade. Se as hai extrictamente de tradución eu non as coñezo. Unha posibilidade seria ampararnos dentro dun grupo de usuarios Linux a modo de división, poñamos. Mais non creo que fora adecuado por varios motivos, primeiro porque non sería especifica da tradución e perderiase eficacia na consecución dos obxectivos, segundo porque non todo o mundo traduce software libre ( cousa que non entendo, pero vá), e terceiro, porque non vexo contraindicacións a que na asociación entre xente que veña de Tagen Ata, Reverso, Mancomun se o fixer a modo persoal.

A futurible asociación non teria por que ser 'Trasno' nin 'Ciberirmandade', senón simplemente 'Grupo de tradutores de Software (libre) ó Galego'. Non creo que a ciberirmandades lle faga chiste que lles digan; pecha a web e vente ó noso chiringuito que imos montar, nin a nos de trasno tampouco. Sería simplemente unha 'interface' baleira que ligue os proxectos e a xente dos proxectos. Non sei se me explico.

Eu véxoo desta maneira. Rexistrase unha asociación coma G11n (i.e!) , avísase a todos os que deamos de que manden dirección de correo, nome... e proxecto no que estan traballando e mantense o método de traballo actual. Trasno e trasno e centraliza a KDE, GNOME, as distros... e CIbeIrm é CiberIrm e fai o php... e os independentes o que queiran. Móntase un portaliño (mesmo un blog que diga 'que é o SL', 'que é a tradución', 'para que traducir', 'como' e 'onde se traduce cada proxecto') e que nos liguen os de mancomun. Así, cando a Xunta pense, 'ah!, imos pagar por <insirase aki o que se queira>', lle diga a Tagen Ata 'preparádevos, abran os petos', 'imósvos pagar' e os de Tagen Ata lles pregunten 'onde?, como?', a Xunta baixo o mando de Suso I de Mancomun lles digan 'ah, falen con <insirase aki o nome da asociación que se queira> e que vos digan quen leva ese proxecto. Que tal empresa que fai unha tradución pagada fale con quen traduza é vital porque nalgúns proxectos importantes existe o rol de coordinador, e para que a tradución a suban 'oficialmente' teñen que pasar por aí.

Esta é a miña opinión, agora que cada un diga ata onde quere chegar e que dea ideas.


Por min vale.

 > > 3. tivera un 'portal' que represente a todos cantos proxectos

> > independentes poida haber (trasno/ciberirmandade/independentes enlazados

 > > dende un único sitio común a todos) sen necesidade de que estes

 > > desaparezan e ofreza recursos necesarios para todos (glosarios...)

 >

 > Si, pero o dos recursos e iso falarase de centralizalo en mancomun

 > tendo sempre a posibilidade de backup comunitario (BC para abreviar).

 > Se son ligazóns non haberia problema penso eu. Pero serian ligazóns a

 > Mancomun...

Certo, Mancomun poderia centralizar recursos, glosarios. Nin sequera a 'asociación' teria porque crear unha lista nova, senón usar a g11n de mancomun para terminoloxía e problemas administrativos (quen fai isto, como contacto con... and so on).

En canto ás listas, como xa digo, creo que só debería haber unha común para todos, g11n, para discutir problemas xerais e terminolóxicos e as especificas de cada proxecto onde só se dicutiran os detalles específicos dese proxecto (iso suporía manter a lista de trasno, tamén)

 > > 5. marcase unha guia de consenso (ORIENTATIVA e non IMPERATIVA) de como

 > > traducir e con que estilo

 >

 > Isto hai que facelo entre todos nós: voluntarios, empresas e mancomun...

Eu vin varias guias e todas MOI detalladas e curradas; facer unha única para todos non deberia ser dificil. Seria un traballo de comparación, ver no que xa se coincide e nos puntos nos que haxa diferenzas que unha 'cominsión' traballe nela en formato de texto/wiki ata chegar a un consenso. Isto deberíase plantexar facelo antes de 3 meses. E tes razón, tería que servir tanto para a xente de Tagen Ata... como para nos.

> > 6 servira de ponte entre a administración e a comunidade e os señores do

> > governo (recordade 'poñamos se queremos pagar unha tradución de KDE?, con

> > quen temos que falar' > Albert Casals e mais eu dixemos; contrata a quen

> > queiras pero ese quen quieras é un soldado raso dentro do proxecto que xa

> > existe. Se o fas doutra maneira matas a comunidade que existe arredor de

 > > cada proxecto e a tradución será útil mentras sigas pagando)

 >

 > Astals, Albert Astals. Para isto pode...

PERDÓN, vaia lapsus tremebundo; se lle dei a brasa toda a cea!. (Non llo contedes, eh!)

 > > 7. se pringara e dera charlas/simposium de que facemose e para qué

 >

 > Si, ainda que isto tamén o poderiamos facer xa.

Non creo que se lle digo o meu decano que quero dar unha charla na facultade me diga que si, se lle digo que son da asociación <insirase aki o nome que queira> igual o ve máis factible reservarme o salón de actos 2h. Só o digo por este aspecto máis burocrático.

 > > 8. e ensine como (á nova xente que chega á comunidade; que creo que o

 > > cuarto punto o que Suso se refire)

 >

 > Formación de novos tradutores. Nisto tamén deberia meterse mancomun,

 > ainda que nos tamén...

efectivamente, mancomun ten que dicir ó respecto.

Responderlle a