O enlace ás normas é

http://www.realacademiagalega.org/PlainRAG/catalog/publications/files/normas_galego05.pdf



2008/5/12 Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>:

> 2008/5/12 mvillarino <mvillar...@gmail.com>:
> > O Luns, 12 de Maio de 2008, Miguel Branco escribiu:
> > > Ramón Flores e máis eu creo que fomos os que propuxemos o da
> asociación.
> >  Eu case preferiría ir montando infraestrutura xunto coas
> ciberirmandades. Polo
> >  do posíbel papeleo, e máis que eles tamén teñen experiencia coas
> >  infraestruturas.
>
> Vós saberedes.
>
> >  > 3. tivera un 'portal' que represente a todos cantos proxectos
> independentes
> >  > poida haber  sen necesidade de que estes desaparezan e ofreza
> >  > recursos necesarios para todos
> >  Si, un directorio, as "Páxinas brancas".
> >  Faría falla que se alguén acidentalmente dá co directorio, e coñece
> algo que
> >  non estexa, poda notificalo mediante un formulario web.
>
> Isto xa o facemos na wiki. No g11n falarase dunha lista actualizada de
> proxectos de tradución para facer seguemento e animar ós tradutores
> que se mantería xunta cos glosarios (TBX) e mailo corpus (TMX). Claro
> que o feito de que a información estea en moitos sitios sempre axuda a
> dar visibilidade...
>
> >  > 5. marcase unha guia de consenso (ORIENTATIVA e non IMPERATIVA) de
> como
> >  > traducir e con que estilo
> >  Eu estou máis pola labor de ter varias guías (como a "marce's style
> guide"),
> >  que sexan trocábeis entre sí, i.e. que se no proxecto A, o tradutor
> "a", que
> >  segue a guía "alfa", marcha e chega un tradutor "b", que prefere a
> >  guía "beta", este poda facer as mudanzas precisas mediante sistemas
> >  de "procurar e substituir", esencialmente.
> >  Evidentemente, correndo o tempo, penso que se chegará a un conxunto moi
> >  pequeno de guías, e centradas en proxectos grandes.
>
> O das guías habería que facelo co consenso de todos. O de Reverso
> propuxera unha guia xeral e despois guias adaptadas a cada proxecto
> particular.
>
> >  > 6 servira de ponte entre a administración e a comunidade e os señores
> do
> >  > governo (recordade 'poñamos se queremos pagar unha tradución de KDE?,
> con
> >  > quen temos que falar' > Albert Casals e mais eu dixemos; contrata a
> quen
> >  > queiras pero ese quen quieras é un soldado raso dentro do proxecto
> que xa
> >  > existe. Se o fas doutra maneira matas a comunidade que existe arredor
> de
> >  > cada proxecto e a tradución será útil mentras sigas pagando)
> >  A min, persoalmente, iso encantoume.
>
> Encantouche o de que lle chame Casals?? Penso que Trasno se se monta
> coma asociación, teria que representar a tódolos voluntarios de
> tradución fronte a outros grupos (empresas, xunta...)
>
> >  > 7. se pringara e dera charlas/simposium de que facemose e para qué
> >  Xa postos, un dos recursos que acho imprescindíbel é ter un texto
> completo da
> >  norma ortográfica (bonito unha vez impreso), na rede.
>
> Non o hai xa?? O de dar charlas esixe moitas cousas, como ter un texto
> para explicarlle a neófitos que demo é o SL, como se traduce e todo
> iso. Penso que a presentación de Fran Diéguez da XGN seria un moi bo
> punto de partida. Espero que a publique na web como dixera, se é que
> non o fixo ainda...
>
> >  > 9. e sirva como escusa para facer unha cea coma Deus manda unha ou
> dúas
> >  > veces o ano ;)
> >  Mellor unha sesión dun día, eu atopo esta comedia da fin de semana
> longa en
> >  discursos políticos e curta en discursos de tradución: penso que
> >  estabelecidas as bases deste " shutdown -r
> at-some-point-in-the-near-future",
> >  poderíamos facer unha "quedada", un a modo de "hackfest", pero
> "tradfest",
> >  onde cada un, ou só uns poucos, fagan unha demonstración do que fan
> eles
> >  cando traducen, e expoñan en que fallan as ferramentas, e logo ao
> final,
> >  expor as deficiencias de cada un, das ferramentas, e tal e tal.. e
> despois
> >  comemos, tomamos uns chupitos, falamos disto e daquilo, e á noite mexar
> e pra
> >  cama.
> >  Desque cheguei a certos anos, nom me presta nada ben deixar á muller na
> casa,
> >  non é que eu non cée ;-)
>
> Si, mellor un dia só. Porque moita xente só se pode mover un día. O do
> tradfest esta ben, o dos chupitos non me convence. Son abstemio.
>
> Ata logo,
>                       Leandro Regueiro
>

Responderlle a