On Monday 12 May 2008 15:38:56 Leandro Regueiro wrote:
> Resposta a Miguel Branco embaixo:
>
> 2008/5/12 Miguel Branco <bandu...@gmail.com>:
> > Ramón Flores e máis eu creo que fomos os que propuxemos o da 
asociación.
> > Agora non teño moito tempo pero avanzo o que eu entendo qué
> > podería/debería ser:
> >
> > 1. Unha asociación de voluntarios sen ánimo de lucro tal que:
>
> Si. Ainda que se falara da posibilidade de integrarse noutra
> asociación para aforrar papeleo e todo. As ideas de asociación que
> propós embaixo de converter a Trasno na asociación que coordine todo
> non o vexo. Ademais Mancomun propuxerase coma nexo central no G11n.

Non sei exactamente a cales (asociacións), a verdade. Se as hai extrictamente 
de tradución eu non as coñezo. Unha posibilidade seria ampararnos dentro dun 
grupo de usuarios Linux a modo de división, poñamos. Mais non creo que fora 
adecuado por varios motivos, primeiro porque non sería especifica da 
tradución e perderiase eficacia na consecución dos obxectivos, segundo 
porque non todo o mundo traduce software libre ( cousa que non entendo, pero 
vá), e terceiro, porque non vexo contraindicacións a que na asociación 
entre xente que veña de Tagen Ata, Reverso, Mancomun se o fixer a modo 
persoal. 

A futurible asociación non teria por que ser 'Trasno' nin 'Ciberirmandade', 
senón simplemente 'Grupo de tradutores de Software (libre) ó Galego'. Non 
creo que a ciberirmandades lle faga chiste que lles digan; pecha a web e vente 
ó noso chiringuito que imos montar, nin a nos de trasno tampouco. Sería 
simplemente unha 'interface' baleira que ligue os proxectos e a xente dos 
proxectos. Non sei se me explico. 

Eu véxoo desta maneira. Rexistrase unha asociación coma G11n (i.e!) , aví
sase a todos os que deamos de que manden dirección de correo, nome... e 
proxecto no que estan traballando e mantense o método de traballo actual. 
Trasno e trasno e centraliza a KDE, GNOME, as distros... e CIbeIrm é CiberIrm 
e fai o php... e os independentes o que queiran. Móntase un portaliño (mesmo 
un blog que diga 'que é o SL', 'que é a tradución', 'para que traducir', 
'como' e 'onde se traduce cada proxecto') e que nos liguen os de mancomun. 
Así, cando a Xunta pense, 'ah!, imos pagar por <insirase aki o que se 
queira>', lle diga a Tagen Ata 'preparádevos, abran os petos', 'imósvos 
pagar' e os de Tagen Ata lles pregunten 'onde?, como?', a Xunta baixo o mando 
de Suso I de Mancomun lles digan 'ah, falen con <insirase aki o nome da 
asociación que se queira> e que vos digan quen leva ese proxecto. Que tal 
empresa que fai unha tradución pagada fale con quen traduza é vital porque 
nalgúns proxectos importantes existe o rol de coordinador, e para que a 
tradución a suban 'oficialmente' teñen que pasar por aí. 

Esta é a miña opinión, agora que cada un diga ata onde quere chegar e que 
dea ideas. 


> > 3. tivera un 'portal' que represente a todos cantos proxectos
> > independentes poida haber (trasno/ciberirmandade/independentes enlazados
> > dende un único sitio común a todos) sen necesidade de que estes
> > desaparezan e ofreza recursos necesarios para todos (glosarios...)
>
> Si, pero o dos recursos e iso falarase de centralizalo en mancomun
> tendo sempre a posibilidade de backup comunitario (BC para abreviar).
> Se son ligazóns non haberia problema penso eu. Pero serian ligazóns a
> Mancomun...

Certo, Mancomun poderia centralizar recursos, glosarios. Nin sequera a 
'asociación' teria porque crear unha lista nova, senón usar a g11n de 
mancomun para terminoloxía e problemas administrativos (quen fai isto, como 
contacto con... and so on). 

En canto ás listas, como xa digo, creo que só debería haber unha común 
para todos, g11n, para discutir problemas xerais e terminolóxicos e as 
especificas de cada proxecto onde só se dicutiran os detalles específicos 
dese proxecto (iso suporía manter a lista de trasno, tamén)

> > 5. marcase unha guia de consenso (ORIENTATIVA e non IMPERATIVA) de como
> > traducir e con que estilo
>
> Isto hai que facelo entre todos nós: voluntarios, empresas e mancomun...

Eu vin varias guias e todas MOI detalladas e curradas; facer unha única para 
todos non deberia ser dificil. Seria un traballo de comparación, ver no que 
xa se coincide e nos puntos nos que haxa diferenzas que unha 'cominsión' 
traballe nela en formato de texto/wiki ata chegar a un consenso. Isto deberí
ase plantexar facelo antes de 3 meses. E tes razón, tería que servir tanto 
para a xente de Tagen Ata... como para nos. 

> > 6 servira de ponte entre a administración e a comunidade e os señores do
> > governo (recordade 'poñamos se queremos pagar unha tradución de KDE?, 
con
> > quen temos que falar' > Albert Casals e mais eu dixemos; contrata a quen
> > queiras pero ese quen quieras é un soldado raso dentro do proxecto que xa
> > existe. Se o fas doutra maneira matas a comunidade que existe arredor de
> > cada proxecto e a tradución será útil mentras sigas pagando)
>
> Astals, Albert Astals. Para isto pode...

PERDÓN, vaia lapsus tremebundo; se lle dei a brasa toda a cea!. (Non llo 
contedes, eh!)


> > 7. se pringara e dera charlas/simposium de que facemose e para qué
>
> Si, ainda que isto tamén o poderiamos facer xa.

Non creo que se lle digo o meu decano que quero dar unha charla na facultade 
me diga que si, se lle digo que son da asociación <insirase aki o nome que 
queira> igual o ve máis factible reservarme o salón de actos 2h. Só o digo 
por este aspecto máis burocrático. 

> > 8. e ensine como (á nova xente que chega á comunidade; que creo que o
> > cuarto punto o que Suso se refire)
>
> Formación de novos tradutores. Nisto tamén deberia meterse mancomun,
> ainda que nos tamén...

efectivamente, mancomun ten que dicir ó respecto. 

Responderlle a