2008/5/12 mvillarino <[email protected]>:
> O Luns, 12 de Maio de 2008, Miguel Branco escribiu:
> > Ramón Flores e máis eu creo que fomos os que propuxemos o da asociación.
> Eu case preferiría ir montando infraestrutura xunto coas ciberirmandades.
> Polo
> do posíbel papeleo, e máis que eles tamén teñen experiencia coas
> infraestruturas.
Vós saberedes.
> > 3. tivera un 'portal' que represente a todos cantos proxectos independentes
> > poida haber sen necesidade de que estes desaparezan e ofreza
> > recursos necesarios para todos
> Si, un directorio, as "Páxinas brancas".
> Faría falla que se alguén acidentalmente dá co directorio, e coñece algo que
> non estexa, poda notificalo mediante un formulario web.
Isto xa o facemos na wiki. No g11n falarase dunha lista actualizada de
proxectos de tradución para facer seguemento e animar ós tradutores
que se mantería xunta cos glosarios (TBX) e mailo corpus (TMX). Claro
que o feito de que a información estea en moitos sitios sempre axuda a
dar visibilidade...
> > 5. marcase unha guia de consenso (ORIENTATIVA e non IMPERATIVA) de como
> > traducir e con que estilo
> Eu estou máis pola labor de ter varias guías (como a "marce's style guide"),
> que sexan trocábeis entre sí, i.e. que se no proxecto A, o tradutor "a", que
> segue a guía "alfa", marcha e chega un tradutor "b", que prefere a
> guía "beta", este poda facer as mudanzas precisas mediante sistemas
> de "procurar e substituir", esencialmente.
> Evidentemente, correndo o tempo, penso que se chegará a un conxunto moi
> pequeno de guías, e centradas en proxectos grandes.
O das guías habería que facelo co consenso de todos. O de Reverso
propuxera unha guia xeral e despois guias adaptadas a cada proxecto
particular.
> > 6 servira de ponte entre a administración e a comunidade e os señores do
> > governo (recordade 'poñamos se queremos pagar unha tradución de KDE?, con
> > quen temos que falar' > Albert Casals e mais eu dixemos; contrata a quen
> > queiras pero ese quen quieras é un soldado raso dentro do proxecto que xa
> > existe. Se o fas doutra maneira matas a comunidade que existe arredor de
> > cada proxecto e a tradución será útil mentras sigas pagando)
> A min, persoalmente, iso encantoume.
Encantouche o de que lle chame Casals?? Penso que Trasno se se monta
coma asociación, teria que representar a tódolos voluntarios de
tradución fronte a outros grupos (empresas, xunta...)
> > 7. se pringara e dera charlas/simposium de que facemose e para qué
> Xa postos, un dos recursos que acho imprescindíbel é ter un texto completo da
> norma ortográfica (bonito unha vez impreso), na rede.
Non o hai xa?? O de dar charlas esixe moitas cousas, como ter un texto
para explicarlle a neófitos que demo é o SL, como se traduce e todo
iso. Penso que a presentación de Fran Diéguez da XGN seria un moi bo
punto de partida. Espero que a publique na web como dixera, se é que
non o fixo ainda...
> > 9. e sirva como escusa para facer unha cea coma Deus manda unha ou dúas
> > veces o ano ;)
> Mellor unha sesión dun día, eu atopo esta comedia da fin de semana longa en
> discursos políticos e curta en discursos de tradución: penso que
> estabelecidas as bases deste " shutdown -r at-some-point-in-the-near-future",
> poderíamos facer unha "quedada", un a modo de "hackfest", pero "tradfest",
> onde cada un, ou só uns poucos, fagan unha demonstración do que fan eles
> cando traducen, e expoñan en que fallan as ferramentas, e logo ao final,
> expor as deficiencias de cada un, das ferramentas, e tal e tal.. e despois
> comemos, tomamos uns chupitos, falamos disto e daquilo, e á noite mexar e pra
> cama.
> Desque cheguei a certos anos, nom me presta nada ben deixar á muller na casa,
> non é que eu non cée ;-)
Si, mellor un dia só. Porque moita xente só se pode mover un día. O do
tradfest esta ben, o dos chupitos non me convence. Son abstemio.
Ata logo,
Leandro Regueiro