O Luns, 12 de Maio de 2008, Miguel Branco escribiu: > Ramón Flores e máis eu creo que fomos os que propuxemos o da asociación. Eu case preferiría ir montando infraestrutura xunto coas ciberirmandades. Polo do posíbel papeleo, e máis que eles tamén teñen experiencia coas infraestruturas.
> 3. tivera un 'portal' que represente a todos cantos proxectos independentes > poida haber sen necesidade de que estes desaparezan e ofreza > recursos necesarios para todos Si, un directorio, as "Páxinas brancas". Faría falla que se alguén acidentalmente dá co directorio, e coñece algo que non estexa, poda notificalo mediante un formulario web. > 5. marcase unha guia de consenso (ORIENTATIVA e non IMPERATIVA) de como > traducir e con que estilo Eu estou máis pola labor de ter varias guías (como a "marce's style guide"), que sexan trocábeis entre sí, i.e. que se no proxecto A, o tradutor "a", que segue a guía "alfa", marcha e chega un tradutor "b", que prefere a guía "beta", este poda facer as mudanzas precisas mediante sistemas de "procurar e substituir", esencialmente. Evidentemente, correndo o tempo, penso que se chegará a un conxunto moi pequeno de guías, e centradas en proxectos grandes. > 6 servira de ponte entre a administración e a comunidade e os señores do > governo (recordade 'poñamos se queremos pagar unha tradución de KDE?, con > quen temos que falar' > Albert Casals e mais eu dixemos; contrata a quen > queiras pero ese quen quieras é un soldado raso dentro do proxecto que xa > existe. Se o fas doutra maneira matas a comunidade que existe arredor de > cada proxecto e a tradución será útil mentras sigas pagando) A min, persoalmente, iso encantoume. > 7. se pringara e dera charlas/simposium de que facemose e para qué Xa postos, un dos recursos que acho imprescindíbel é ter un texto completo da norma ortográfica (bonito unha vez impreso), na rede. > 9. e sirva como escusa para facer unha cea coma Deus manda unha ou dúas > veces o ano ;) Mellor unha sesión dun día, eu atopo esta comedia da fin de semana longa en discursos políticos e curta en discursos de tradución: penso que estabelecidas as bases deste " shutdown -r at-some-point-in-the-near-future", poderíamos facer unha "quedada", un a modo de "hackfest", pero "tradfest", onde cada un, ou só uns poucos, fagan unha demonstración do que fan eles cando traducen, e expoñan en que fallan as ferramentas, e logo ao final, expor as deficiencias de cada un, das ferramentas, e tal e tal.. e despois comemos, tomamos uns chupitos, falamos disto e daquilo, e á noite mexar e pra cama. Desque cheguei a certos anos, nom me presta nada ben deixar á muller na casa, non é que eu non cée ;-) -- Best regards MV
signature.asc
Description: This is a digitally signed message part.

