On Tue, May 13, 2008 at 11:05 AM, damufo <dam...@gmail.com> wrote:

>
>
> Miguel Branco escribiu:
>
> > On Monday 12 May 2008 15:38:56 Leandro Regueiro wrote:
> >
> >  > Resposta a Miguel Branco embaixo:
> >
> >  >
> >
> >  > 2008/5/12 Miguel Branco <bandu...@gmail.com>:
> >
> >  > > Ramón Flores e máis eu creo que fomos os que propuxemos o da
> > asociación.
> >
> >  > > Agora non teño moito tempo pero avanzo o que eu entendo qué
> >
> >  > > podería/debería ser:
> >
> >  > >
> >
> >  > > 1. Unha asociación de voluntarios sen ánimo de lucro tal que:
> >
> >  >
> >
> >  > Si. Ainda que se falara da posibilidade de integrarse noutra
> >
> >  > asociación para aforrar papeleo e todo. As ideas de asociación que
> >
> >  > propós embaixo de converter a Trasno na asociación que coordine todo
> >
> >  > non o vexo. Ademais Mancomun propuxerase coma nexo central no G11n.
> >
> > Non sei exactamente a cales (asociacións), a verdade. Se as hai
> > extrictamente de tradución eu non as coñezo. Unha posibilidade seria
> > ampararnos dentro dun grupo de usuarios Linux a modo de división, poñamos.
> > Mais non creo que fora adecuado por varios motivos, primeiro porque non
> > sería especifica da tradución e perderiase eficacia na consecución dos
> > obxectivos, segundo porque non todo o mundo traduce software libre ( cousa
> > que non entendo, pero vá), e terceiro, porque non vexo contraindicacións a
> > que na asociación entre xente que veña de Tagen Ata, Reverso, Mancomun se o
> > fixer a modo persoal.
> >
> > A futurible asociación non teria por que ser 'Trasno' nin
> > 'Ciberirmandade', senón simplemente 'Grupo de tradutores de Software (libre)
> > ó Galego'. Non creo que a ciberirmandades lle faga chiste que lles digan;
> > pecha a web e vente ó noso chiringuito que imos montar, nin a nos de trasno
> > tampouco. Sería simplemente unha 'interface' baleira que ligue os proxectos
> > e a xente dos proxectos. Non sei se me explico.
> >
> > Eu véxoo desta maneira. Rexistrase unha asociación coma G11n (i.e!) ,
> > avísase a todos os que deamos de que manden dirección de correo, nome... e
> > proxecto no que estan traballando e mantense o método de traballo actual.
> > Trasno e trasno e centraliza a KDE, GNOME, as distros... e CIbeIrm é
> > CiberIrm e fai o php... e os independentes o que queiran. Móntase un
> > portaliño (mesmo un blog que diga 'que é o SL', 'que é a tradución', 'para
> > que traducir', 'como' e 'onde se traduce cada proxecto') e que nos liguen os
> > de mancomun. Así, cando a Xunta pense, 'ah!, imos pagar por <insirase aki o
> > que se queira>', lle diga a Tagen Ata 'preparádevos, abran os petos',
> > 'imósvos pagar' e os de Tagen Ata lles pregunten 'onde?, como?', a Xunta
> > baixo o mando de Suso I de Mancomun lles digan 'ah, falen con <insirase aki
> > o nome da asociación que se queira> e que vos digan quen leva ese proxecto.
> > Que tal empresa que fai unha tradución pagada fale con quen traduza é vital
> > porque nalgúns proxectos importantes existe o rol de coordinador, e para que
> > a tradución a suban 'oficialmente' teñen que pasar por aí.
> >
> > Esta é a miña opinión, agora que cada un diga ata onde quere chegar e
> > que dea ideas.
> >
> >
> Por min vale.

A min váleme tamén.

>
>
>   > > 3. tivera un 'portal' que represente a todos cantos proxectos
> >
> >  > > independentes poida haber (trasno/ciberirmandade/independentes
> > enlazados
> >
> >  > > dende un único sitio común a todos) sen necesidade de que estes
> >
> >  > > desaparezan e ofreza recursos necesarios para todos (glosarios...)
> >
> >  >
> >
> >  > Si, pero o dos recursos e iso falarase de centralizalo en mancomun
> >
> >  > tendo sempre a posibilidade de backup comunitario (BC para abreviar).
> >
> >  > Se son ligazóns non haberia problema penso eu. Pero serian ligazóns a
> >
> >  > Mancomun...
> >
> > Certo, Mancomun poderia centralizar recursos, glosarios. Nin sequera a
> > 'asociación' teria porque crear unha lista nova, senón usar a g11n de
> > mancomun para terminoloxía e problemas administrativos (quen fai isto, como
> > contacto con... and so on).
> >
> > En canto ás listas, como xa digo, creo que só debería haber unha común
> > para todos, g11n, para discutir problemas xerais e terminolóxicos e as
> > especificas de cada proxecto onde só se dicutiran os detalles específicos
> > dese proxecto (iso suporía manter a lista de trasno, tamén)
> >
> >  > > 5. marcase unha guia de consenso (ORIENTATIVA e non IMPERATIVA) de
> > como
> >
> >  > > traducir e con que estilo
> >
> >  >
> >
> >  > Isto hai que facelo entre todos nós: voluntarios, empresas e
> > mancomun...
> >
> > Eu vin varias guias e todas MOI detalladas e curradas; facer unha única
> > para todos non deberia ser dificil. Seria un traballo de comparación, ver no
> > que xa se coincide e nos puntos nos que haxa diferenzas que unha 'cominsión'
> > traballe nela en formato de texto/wiki ata chegar a un consenso. Isto
> > deberíase plantexar facelo antes de 3 meses. E tes razón, tería que servir
> > tanto para a xente de Tagen Ata... como para nos.
> >
> >  > > 6 servira de ponte entre a administración e a comunidade e os
> > señores do
> >
> >  > > governo (recordade 'poñamos se queremos pagar unha tradución de
> > KDE?, con
> >
> >  > > quen temos que falar' > Albert Casals e mais eu dixemos; contrata a
> > quen
> >
> >  > > queiras pero ese quen quieras é un soldado raso dentro do proxecto
> > que xa
> >
> >  > > existe. Se o fas doutra maneira matas a comunidade que existe
> > arredor de
> >
> >  > > cada proxecto e a tradución será útil mentras sigas pagando)
> >
> >  >
> >
> >  > Astals, Albert Astals. Para isto pode...
> >
> > PERDÓN, vaia lapsus tremebundo; se lle dei a brasa toda a cea!. (Non llo
> > contedes, eh!)
> >
> >  > > 7. se pringara e dera charlas/simposium de que facemose e para qué
> >
> >  >
> >
> >  > Si, ainda que isto tamén o poderiamos facer xa.
> >
> > Non creo que se lle digo o meu decano que quero dar unha charla na
> > facultade me diga que si, se lle digo que son da asociación <insirase aki o
> > nome que queira> igual o ve máis factible reservarme o salón de actos 2h. Só
> > o digo por este aspecto máis burocrático.
> >
> >  > > 8. e ensine como (á nova xente que chega á comunidade; que creo que
> > o
> >
> >  > > cuarto punto o que Suso se refire)
> >
> >  >
> >
> >  > Formación de novos tradutores. Nisto tamén deberia meterse mancomun,
> >
> >  > ainda que nos tamén...
> >
> > efectivamente, mancomun ten que dicir ó respecto.
> >
> >
>
> --
> To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.
>

Responderlle a