>> si señor, estrebellar, dicimos aquí. ser un estrebellante tamén o usamos. Vai, por A Mariña -nótese o singular, non é o que hai acarón d'O Ferrol- díse trebellar, para iso que dis ti e máis para "xogar aos doutores". Fedellar só o ouvin pola parte de Viveiro/Celerio/Covas, e moito máis sexual.
De calquer xeito, tiña consultado isto tamén en kde-l18n-doc e un tradutor a estonio mandou unha moi útil ligazón á API de Flickr, onde se explica o asunto. Na documentación da API non está traducido, aínda que caseque prefiro facelo. Mando a miña resposta a kde-18n-doc e a Marek tamén a esta lista, en outro fío. Veña, que queda menos para acabar os exames!!!

